Mostrando entradas con la etiqueta 5º EP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5º EP. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de abril de 2026

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 2026:A GRAMOLA GOMINOLA


 ESTE ANO AS LETRAS GALEGAS ESTÁN ADICADAS Á ESCRITORA E PERIODISTA  BEGOÑA CAAMAÑO.





NESTE ENLACE PODEDES DESCUBRIR PETISCOS SOBRE A SÚA VIDA E OBRA.

ADEMÁIS , ESTE 22 DE MAIO DE 2026, PODEREMOS GOZAR DA MÚSICA EN GALEGO , COA BANDA INFANTIL A GRAMOLA GOMINOLA!!!

AQUÍ VOS DEIXO UNHA IMAXE DE QR  PARA QUE POIDADES ESCOITAR ALGUNHAS DAS SÚAS MÚSICAS.

REPERTORIO:

1.A BANDA PICA PICA

2.MEGATRONCA

3.MONSTRO

4.A FÁBRICA DE CARMELA

5.A GUERREIRA DO ARCO DA VELLA

6.DONA TRONA

7.SUPERLINGUA

8.NON MOVAS A CRISTA

9.A PITA RECORDS

BIS 

10.CAMPIÓN INTERNACIONAL

jueves, 9 de abril de 2026

AQUÍ CANTA A RAPAZADA

  

XA CASE CHEIRA  A VERÁN, COAS SÚAS FESTAS,ROMERÍAS...E QUEREMOS PRESENTARVOS UNHA PROPOSTA  ARTELLADA POLOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA  do CEIP A Xunqueira 1 e CEP Campolongo E DIRIXIDA A PROFESORADO E ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA.

 

A proposta consta de dúas fases:

 

Primeira fase: para realizar no centro educativo e coas familias: trabállanse seis cantigas populares galegas e o himno. Aconséllase repartir as estrofas por equipos de aula para aprendelas. Invítase a que canten en familia as cancións seleccionadas. Na materia de Lingua Galega e Literatura pódense empregar os textos para traballar gramática e vocabulario. En Ciencias Sociais, localizar municipios. Aconséllase levar a cabo audicións no centro nas que o alumnado poida gozar deste tipo de música.

 

Segunda fase: consistirá en cantos colectivos en dúas prazas de Pontevedra; o luns 11 de maio, de 12 a 13 horas. Con antelación comunicarase o punto de encontro, o percorrido e que cancións se cantan en cada praza. Para isto debes inscribirte.

 

Cantigas para traballar:

  1. A saia da Carolina: Ir á ligazón
  2. O galo: Ir á ligazón
  3. Foliada de Pontevedra: Ir á ligazón
  4. Catro vellos mariñeiros: Ir á ligazón
  5. Xa fun a Marín: Ir á ligazón
  6. A rianxeira: Ir á ligazón
  7. E o Himno Galego: Ir á ligazón

As inscricións para participar están abertas ata o venres 10 de abril no formulario:  https://apuntate.pontevedra.gal/aqui-canta-a-rapazada/


miércoles, 25 de marzo de 2026

É TEMPO DE MOVERSE!!!



 O 6 de abril celébrase o Día Mundial da Actividade Física e o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, promovidos pola OMS e a ONU para concienciar sobre os beneficios do exercicio, combater o sedentarismo e fomentar a paz mundial. O lema frecuente é "É tempo de moverse".

NÓS CELEBRARÉMOLO XUSTO Á VOLTA DAS VACACIÓNS, CON ACTIVIDADES AO LONGO DA MAÑÁ, PARA COMEZAR O ÚLTIMO TRIMESTRE CON MOITA ENERXÍA!!!

DÉIXOVOS UNS ENLACES PARA MOVER O CORPO AO RITMO DA MÚSICA!

💃👯INFANTIL:




💃👯1º CICLO:


                       
                      
💃👯2º CICLO:

                       


💃👯3º CICLO:






viernes, 13 de febrero de 2026

Enreguéifate 2026

 


viernes, 16 de enero de 2026

VEN COMIGO!!!



 "VEN COMIGO,VEN...",UN CANTO Á INTEGRACIÓN ,Á AMIZADE, DENTRO DO TRABALLO AIRE DO GRUPO MUSICAL MARÍA FUMAÇA, A  LOCOMOTORA DA ALEGRÍA.

NESTE TRABALLO HAI UN MUNDO CHEO DE CANCIÓNS,IMAXINACIÓN, UN MUNDO DE DIFERENZAS, PERO POR RIBA DE TODO RESPIRAMOS O MESMO AIRE.

É POR ISO, QUE ESTE VAI SER O TEMA ELEXIDO PARA REPRESENTAR NO DÍA DA PAZ DESTE ANO NO CEIP VILAVERDE.



Aquí temos a canción  interpretada en Lingua de signos por Carolina:

miércoles, 10 de diciembre de 2025

CANTÁMOSCHE OS REISES?!

 NA TRADICIÓN GALEGA HAI MOITAS COSTUMES QUE  ESTÁN CASE NO OLVIDO.CANDO CHEGABAN ESTAS DATAS DE NADAL, A XENTE FORMABA BANDOS PARA IR CANTANDO POLAS CASAS ,PEDINDO O "AGUINALDO".SOCIALIZABAN, ANIMABAN AS TARDES-NOITES FRÍAS DESTA ÉPOCA DO ANO, COMÍAN E PASÁBANO EN GRANDE!!!

ATREVÉDESVOS A FACER UNS CANTOS DE NADAL NO NOSO CENTRO?

AÍ VAN UNHAS CANTAS CANTIGAS PARA O REPERTORIO!!!


CANTIGAS DE NADAL CURSO 2025 -2026:

.-INF 3: https://youtu.be/qtdQhNavzXo?list=RDqtdQhNavzXo

“ BUSCANDO UNHA ESTRELA” LSE

.-INF 4: https://youtu.be/olbU86U3J78 “DIN,DON,DAN”,ESTACIÓN NADAL

.-INF 5: https://youtu.be/9iuqRXCVlag “XA ME TARDAN”, MAMÁ CABRA en LSE

.-1º: https://youtu.be/IIny-XjTgTQ “A LUZ DO NADAL”, MAMÁ CABRA

.-2º: https://youtu.be/u23fnH5tQiE “PANXOLIÑA DE TODO O ANO”, XA ME TARDAN(Mamá cabra).

.-3º: https://youtu.be/P5QooJTd9j4 “O APALPADOR”,GRAMOLA GOMINOLA

.-4º: https://youtu.be/xkP4uxhqZb4
"O Apalpador" de Mamá Cabra en LSE por AZ. Lengua de Signos

.-5º: https://youtu.be/6HyPJPgQqSw?list=RD6HyPJPgQqSw

“𝙰𝙸𝙻Á 𝙳𝙴 𝙽𝙰𝙳𝙰𝙻 - 𝚁𝙴𝙸𝚂𝙴𝚂 𝙳𝙴 𝙱𝙴𝙽𝙳𝙾𝙻𝙻𝙾”

.-6º : https://youtu.be/gd6mm1iylBk “CANDO É NADAL” EN LSE


jueves, 6 de noviembre de 2025

FRAUTA 5º


CURSO 25-26

.-TEMA : "CUCÚ"



.-TEMA : "MANOLIÑO FOI AO VIÑO"



.-TEMA :"ESTANDO COSENDO"(Galinova):

Neste novo tema traballamos a escala de DO(de DO ´ a   DO).Aquí vos deixo o vídeo e a partitura para que poidades ensaiar.




CURSO2


.-TEMA :"LA PIEDRA" popular de España (Cataluña). Nesta segunda peza do curso 22-23 introducimos as notas MI  e FA. AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO E A PARTITURA PARA QUE A PRACTIQUEDES.






.-TEMA : PATÍN , PATÁN, Pop. de Francia.

Ésta é a última peza do trimestre, unha sinxela melodía popular francesa, onde introducimos a nota FA.

Lembrade levantar o dedo mainiño da man dereita, no cambio a FA!


https://drive.google.com/file/d/10j76Rl9jD1STjrfFnCwfw0TeZiRM9-lE/view?usp=sharing


.-TEMA :O GHAI GHAI!

Continuamos coas pezas instrumentais. Desta vez vai o tema popular "O Ghai Ghai!", que vai introducir a nota DO ´ ( Do agudo). Son só 4 notas : SOL, LA , SI e DO´.




.-TEMA :O BURRIÑO

 Presentamos o primeiro tema de frauta para este curso.

Titúlase "O burriño", e nesta peza  empregaremos as notas SOL, LA e SI.

Podedes empezar practicando a esa velocidade, e cando a teñades, probar a subirlle un pouco.

Ánimo rapazada!!!





PERCUSIÓN CORPORAL

IMOS VER QUE TAL  ANDADES DE REFLEXOS E COORDINACIÓN...PRESENTAMOS UN EXERCICIO DE PERCUSIÓN CORPORAL, COA MELODÍA "THIS IS HALLOWEEN"  DE DANNY ELFMAN(do filme "The Nightmare Before Christmas" )

ACTIVIDADE SINXELA,DIVERTIDA E EDUCATIVA, PARA TRABALLAR RITMO,COORDINACIÓN E MUSICALIDADE A TRAVÉS DO CORPO.




 

EXERCICIO RÍTMICO PARA ESTAS DATAS...

 PRESENTAMOS UN EXERCICIO RÍTMICO PARA FACER CON BAQUETAS,CUNHA MELODÍA  QUE  DE SEGURO COÑECEDES:

de Danny Elfman da película "Pesadilla antes de Navidad".

ATRÉVESTE A FACELO???
 

…

jueves, 16 de octubre de 2025

XA CHEGA O SAMAÍN AO CEIP VILAVERDE!!!

 NESTE NOVO CURSO 25-26, TEMOS PREPARADAS COUSIÑAS PARA O XOVES 30 DE OUTUBRO...

PERO, DE MOMENTO, NON IMOS ADIANTAR NADA MÁIS QUE AS CANTIGAS QUE ESTAMOS A TRABALLAR CON AXUDA DE CAROLINA, A NOSA NOVA INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS.

AQUÍ VOLAS DEIXO. TÉMOLAS TAMÉN  NO BLOG DO COLE (MASCOTILANDIA VILAVERDE) PINCHANDO AQUÍ.https://mascotilandiavilaverde.blogspot.com/ 

PARA 4º, 5º E 6º...


PARA 1º, 2º E 3º...

PARA INFANTIL...


miércoles, 2 de abril de 2025

2 abril día Mundial da Concienciación da TEA



 Hoxe quero compartir con todas e todos vós un tema feito polas amigas de María Fumasa, "Nun  mar azul",para celebrar a DIVERSIDADE, esa característica que nos fai únicas/os, neste 2 de abril, Día  Mundial da Concienciación do Transtorno do espectro Autista.

Parafraseando á grande Uxía Senlle: "As persoas con autismo non necesitan cambiar para encaixar, o mundo si necesita aprender a mirar con outros ollos." 

martes, 25 de marzo de 2025

BENVIDAS E BENVIDOS AO ENREGUÉIFATE 2025!!!

 PECHADO XA O CONCURSO, AGORA SÓ NOS QUEDA GOZAR DAS REGUEIFAS FEITAS POLO ALUMNADO DE MOITOS CONCELLOS DE GALICIA.

AQUÍ TENDES O ENLACE ONDE PODER VISIONALAS E ESCOITALAS TODAS : CATEGORÍA ESCOLAR, XERAL E  FÓRA DE CONCURSO.

E NUNS DÍAS...RESULTADO DAS GAÑADORAS...QUEN SABE...VIRÁ ALGÚN PREMIO PARA O VILAVERDE???


 





viernes, 4 de octubre de 2024

"CASTAÑAS,CASTAÑAS, DO CHAN SE APAÑAN..."

TEMPO DE OUTONO, TEMPO DE CHOIVA, PERO TAMÉN DE CASTAÑAS!!!
CHEGA OUTRO MAGOSTO AO VILAVERDE, CARGADIÑO DE NOVIDADES, E PARA IR QUENTANDO MOTORES ÍMOSLLE POR MÚSICA PARA  AMBIENTAR...
DÉIXOVOS PARA ESTA SEMANA UNHA ESCOLMA DE TEMAS QUE VOS PODEN GUSTAR!!!

lunes, 13 de mayo de 2024

IMOS BAILAR!!!

 POLAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO, VAI VIR O GRUPO PESDELÁN, E CON ELES FAREMOS MOITAS DANZAS RELACIONADAS CO ENTROIDO DE DIFERENTES PARTES DO MUNDO. PARA 5º, VAI A "CARBALLESA"!!!



martes, 23 de enero de 2024

PRAZOS ENREGUÉIFATE 2024

 AVISO PARA AS/OS INTERESEDAS/OS!!!


Ata o 1 de marzo está aberto o prazo para participar na sétima edición do certame Enreguéifate, que impulsan os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. 
 
Lembrámosvos que, igual que en anos anteriores, tamén nesta edición haberá categoría xeral (aberta a calquera persoa) e categoría escolar (para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios), así que animámosvos a todas e todos a participar!

Como podedes inscribirvos?
- Primeiro de todo, gravade un vídeo no que aparezan, como mínimo, dúas persoas regueifando. Por suposto, en galego, e cunha duración máxima de 3 minutos.

- A continuación, entrade na nosa páxina web, cubride o formulario de inscrición e enviádenos a vosa regueifa! 

Podedes consultar as bases completas desta edición nesta ligazón. 

Premios 
En cada categoría haberá un total de seis premios: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada. 

A entrega de galardóns terá lugar na mañá do 3 de abril de 2024 no Teatro Principal, en Santiago de Compostela. 

Necesitades inspiración?
Se precisades inspirarvos, tamén podedes botarlles un ollo aos vídeos das anteriores edicións, ou á peza promocional desta sétima edición do Enreguéifate. 

Do que non hai dúbida é de que temos madeira regueifeira! E estamos desexando que a compartades con nós!

viernes, 12 de enero de 2024

CANTAMOS POLA PAZ

 ESTAMOS A PUNTO DE CELEBRAR O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, TAN NECESARIA SEMPRE, PERO MÁIS QUE NUNCA NESTES ÚLTIMOS TEMPOS .

ESTE 2024 RECIBIRÉMOLO AO SON DA CANCIÓN NICARAGÜENSE "LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ",LETRA E MÚSICA DE RAFAEL BERMÚDEZ.ANIMÁDEVOS A FACELA  SIGNADA.


lunes, 18 de diciembre de 2023

XA É TEMPO DE NADAL!!!

 XA É TEMPO DE NADAL!!!

TEMPO DE ALEGRÍA E DESCANSO COAS FAMILIAS E AMIZADES.

TEMPO TAMÉN DE LUCES E FESTAS...E ESTA ÚLTIMA É A QUE MÁIS NOS GOSTA.NÓS CELEBRÁMOLO CANTANDO PANXOLIÑAS , AGUINALDOS,XANEIRAS,REIS,...

HAI MOITO TEMPO, AS NOSAS AVOAS E AVÓS, E OS AVÓS DOS NOSOS PAIS E NAIS, CELEBRABAN ESTAS DATAS CON POUCAS COUSAS PERO CON MOITA ALEGRÍA.ÍAN EN BANDOS CANTANDO POLAS PORTAS DAS ALDEAS, PARA DIVERTIRSE E DE PASO ENCHER UN POUCO O BANDULLO CO AGUINALDO QUE LLE DABAN AO REMATAR.

NÓS ESTIVEMOS CANTANDO UNHA CANTIGA DO GRUPO DE MULLERES DE MOS CHAMADO MALVELA : " A CANTIGA DO APALPADOR".


É MOI ANIMADA PARA CANTAR ESTE NADAL CUNHAS CUNCHAS,BOTELLA DE ANÍS,INCLUSO PARA BAILALA A RITMO DE MUIÑEIRA.
BO NADAL A TODAS E TODOS!!!🌲🌲🌲

viernes, 17 de noviembre de 2023

A REGUEIFA

 "A SEMANIÑA PASADA

ESTIVEMOS REGUEIFANDO,

VIÑERON LUPE E JOSIÑO.

QUE BEN O ESTAMOS PASANDO!!!

                                                                              

QUEN BEN O ESTAMOS PASANDO,

COAS COPLAS, VERSOS E RIMAS,

SE TI QUERES VIR GOZAR,

LÁNZATE, VEN E IMPROVISA!!!

                                               

AGORA TOCA O TRABALLO,

QUE DEBEDES PRESENTAR,

UN RESUMO DO APRENDIDO

DA IMPROVISACIÓN ORAL."




Xa sabedes, debedes entregar un traballo resumo da " Improvisación oral en Galicia e polo mundo. "

Aquí vos deixo un enlace  e un código QR onde podedes revisar e informarvos ,para completar o voso traballo.

E xa sabedes, "TEMOS MADEIRA REGUEIFEIRA!!!"





lunes, 16 de octubre de 2023

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN

 Na noite do 31 de outubro, as portas do Alén abren para que os mortos visiten o mundo dos vivos. Unha tradición que moitos pensan que chegou co Halloween, pero a súa orixe ten máis de 3000 anos, con la celebración del Samaín.

Samaín provén da palabra gaélica ‘Samhain’, que literalmente significa 'fin do verán'. É unha festa na que os pobos celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Unha data que coincidía coa fin da tempada da colleita e daba comezo a un novo ciclo.

Nós ímolo celebrar entre contos, historias,castañas e cantos.

Aquí vos deixo a canción de Paco Nogueiras, No Samaín, desta vez en Lingua de signos.