viernes, 17 de noviembre de 2023

A REGUEIFA

 "A SEMANIÑA PASADA

ESTIVEMOS REGUEIFANDO,

VIÑERON LUPE E JOSIÑO.

QUE BEN O ESTAMOS PASANDO!!!

                                                                              

QUEN BEN O ESTAMOS PASANDO,

COAS COPLAS, VERSOS E RIMAS,

SE TI QUERES VIR GOZAR,

LÁNZATE, VEN E IMPROVISA!!!

                                               

AGORA TOCA O TRABALLO,

QUE DEBEDES PRESENTAR,

UN RESUMO DO APRENDIDO

DA IMPROVISACIÓN ORAL."




Xa sabedes, debedes entregar un traballo resumo da " Improvisación oral en Galicia e polo mundo. "

Aquí vos deixo un enlace  e un código QR onde podedes revisar e informarvos ,para completar o voso traballo.

E xa sabedes, "TEMOS MADEIRA REGUEIFEIRA!!!"





lunes, 16 de octubre de 2023

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN

 Na noite do 31 de outubro, as portas do Alén abren para que os mortos visiten o mundo dos vivos. Unha tradición que moitos pensan que chegou co Halloween, pero a súa orixe ten máis de 3000 anos, con la celebración del Samaín.

Samaín provén da palabra gaélica ‘Samhain’, que literalmente significa 'fin do verán'. É unha festa na que os pobos celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Unha data que coincidía coa fin da tempada da colleita e daba comezo a un novo ciclo.

Nós ímolo celebrar entre contos, historias,castañas e cantos.

Aquí vos deixo a canción de Paco Nogueiras, No Samaín, desta vez en Lingua de signos.


lunes, 25 de septiembre de 2023

CANTAMOS COAS MANS!!!

 BOAS A TODAS E TODOS!!!AGARDO QUE TIVERADES UN BO COMEZO DE CURSO.

POUQUIÑO A POUCO IREMOS ACTUALIZANDO COUSIÑAS POLO BLOG DE MÚSICA, PERO HOXE QUERO PRESENTARVOS UNHA NOVA CANCIÓN COA QUE ABRIREMOS TÓDALAS NOSAS SESIÓNS DE MÚSICA: "BUENOS DÍAS".

CON ELA IRÉMONOS ACHEGANDO AO MUNDO DA LINGUA DE SIGNOS, PASENIÑO, PASENIÑO, PERO SEN PAUSA.

ATA XA!!!


miércoles, 26 de abril de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 E CHEGAN AS LETRAS!!!

ESTE ANO O ESCRITOR HOMENAXEADO É  Francisco Fernández del Riego.


 ESTAMOS A TRABALLAR  ARREDOR DA SÚA 

 VIDA E OBRA, E  XA NA CLASE DE MÚSICA, ESTAMOS A PREPARAR O TRADICIONAL CONCERTO   DE TÓDOLOS ANOS.QUEN NOS VISITARÁ?

PAKOLAS!!!SI, CO SEU NOVO ESPECTÁCULO "A Ramona pequena vai á Lúa" , E VIRÁ ACOMPAÑADO DA ARTISTA LAURA ROMERO.

Dende este link www.pakolas.com/ramonapequena  poderedes atopar toda a información, e ao final da páxina, material de interese para traballar  nas aulas .
1. Uds didácticas, de descarga libre
2. Escoita das cancións en Soundcloud
3. Info dos novos espectáculos didácticos


 




miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 ​ O  DÍA  INTERNACIONAL DA MULLER conmemórase  cada 8 de marzo, pola loita das mulleres pola súa participación na sociedad e o seu desenrolo íntegro como persona, en pé de igualdade co home. Tamén emprégase para facer referencia a esta conmemoración o numerónimo «8-M» en referencia ao día e ao  mes en que se conmemora.

Para celebralo, na aula de música , escoitaremos un tema da música e compositora

 Guadi Galego que é case xa un himno de louvanza e celebración para todas as mulleres, para todas as "MATRIARCAS".


sábado, 25 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 O ALUMNADO DE INFANTIL ESTIVEMOS A TRABALLAREN MÚSICA O POEMA DE ROSALÍA "O MOUCHO".

APROVEITAMOS A VERSIÓN MUSICADA POLO GRUPO MIGALLAS , CON AXUDA DUN VÍDEO CON PICTOS FEITO POR NEREA SEIJOSO.

AGORA, TEDES QUE POÑER A CANTAR A TODA A FAMILIA!!!



viernes, 24 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA

" XAN"

 O ALUMNADO DE 2º ESTIVEMOS TRABALLANDO ESTE POEMA DE ROSALÍA, MUSICADO POR UXÍA SENLLE .

AO RITMO DESTA PEZA, APRENDIMOS A TOCAR AS CUNCHAS A RITMO DE MUIÑEIRA("CÁS-CA-RA").

E AGORA...A ENSAIAR!!!



REGUEIFAS 2023

"E XA DE VOLTA DO ENTROIDO, 

CON  GANAS DE REGUEIFAR,

CRISTIAN , XAIRO E O RABELO

VIÑERON A IMPROVISAR.


VIÑERON A IMPROVISAR,

E ENSINÁRONNOS MOI BEN,

OITO SÍLABAS NOS VERSOS,

E TAMÉN O LEIXAPRÉN.


AGORA QUEDA A SEMENTE,

PRESÉNTATE AO "ENREGUEIFA",

DEZ DE MARZO É O PRAZO,

TRES MINUTOS PARA A PEZA.


ANÍMADEVOS AMIGAS,

NON O DEIXEDES PASAR,

XA VEREDES QUE BONITO,

TODO O MUNDO A REGUEIFAR!"

Bases para a participación no concurso "Enreguéifate".

XA TEMOS PARTICIPANTES DO CEIP VILAVERDE DE MOURENTE PARA O










miércoles, 25 de enero de 2023

CELEBRACIÓN DA PAZ

 LEVAMOS UN PAR DE SEMANAS TRABALLANDO ARREDOR DA PAZ, POIS O VINDEIRO LUNS 30 DE XANEIRO, CELEBRARÉMOLO  NO COLEXIO.

ESTE ANO ELEXIUSE UNHA CANCIÓN DO ARTISTA MUSICAL JUANES CANTANTE COLOMBIANO DE POP LATINO E ROCK ESPAÑOL, TITULADA "PAZ, PAZ, PAZ."

ESTIVEMOS APRENDÉNDOA E MONTANDO UNHA SINXELA COREOGRAFÍA PARA  PECHAR OS ACTOS DO LUNS.

AGORA TOCA ENSAIALA E ANIMAR ÁS FAMILIAS A QUE A PRACTIQUEN CONVOSCO. ÁNIMO!!!



FRAUTA 4º

1.-PEZA "EL PICAPEDRERO".ESTA É A SEGUNDA PEZA DESTE CURSO 22-23 NA QUE EXECUTAMOS AS NOTAS SI E LA.

A CONTINUACIÓN DÉIXOVOS A PARTITURA E O VÍDEO PARA QUE PRACTIQUEDES NA CASA.

ÁNIMO!!!







 3.PEZA: "LA MARIPOSA".Nesta última peza introducimos a nota DO agudo (DO´).

Déixovos aquí a partitura e  o vídeo.


2.PEZA: "EL BARCO", seguimos a traballar as NOTAS SOL, LA e SI, para rematar de afianzalas.

1.PEZA:"LAS CAMPANAS"

Recordamos esta partitura do pasado curso, pero desta vez , para interpretar coa FRAUTA. Traballaremos as notas SOL, LA e SI.

Está interpretada a unha velocidade moi lenta, para logo ir aumentando segundo poidades.

Ánimo!!!


lunes, 23 de enero de 2023

FRAUTA 5º

1."LA PIEDRA" popular de España (Cataluña). Nesta segunda peza do curso 22-23 introducimos as notas MI  e FA. AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO E A PARTITURA PARA QUE A PRACTIQUEDES.






3.PEZA: PATÍN , PATÁN, Pop. de Francia.

Ésta é a última peza do trimestre, unha sinxela melodía popular francesa, onde introducimos a nota FA.

Lembrade levantar o dedo mainiño da man dereita, no cambio a FA!


https://drive.google.com/file/d/10j76Rl9jD1STjrfFnCwfw0TeZiRM9-lE/view?usp=sharing


2.PEZA:  O GHAI GHAI!

Continuamos coas pezas instrumentais. Desta vez vai o tema popular "O Ghai Ghai!", que vai introducir a nota DO ´ ( Do agudo). Son só 4 notas : SOL, LA , SI e DO´.




1.-PEZA: O BURRIÑO

 Presentamos o primeiro tema de frauta para este curso.

Titúlase "O burriño", e nesta peza  empregaremos as notas SOL, LA e SI.

Podedes empezar practicando a esa velocidade, e cando a teñades, probar a subirlle un pouco.

Ánimo rapazada!!!



EXERCICIOS E PARTITURAS DE FRAUTA 6º 21-23

TEMA 2 (XANEIRO 23): LUNA ANDALUZA

 Aquí vos deixo un pequeno vídeo coa execución do tema "Luna andaluza" de Montse Sanuy, que estamos a preparar no comezo deste 2º trimestre.

Ánimo, é moi sinxelo!!!





TEMA 3 (MAIO): EL CAMELLO BACTRIANO

Este último tema pertence a unha das composicións de Susa Herrera dun dos seus libros CD adicados a CABÁRCENO.

Introducimos como novidade a nota "SI bemol".


TEMA 2 (XANEIRO): YELLOW SUBMARINE

Seguimos cos exercicios e partitras de frauta.

Desta vez  imos cun coñecido tema do grupo The Beatles.

traballaremos unha nova nota "MI ´ " (mi agudo), que executaremos coa posición do mi grave, destapando o burato datrás , parcial ou totalmente.



 (Neste tutorial aparece unha pequena variación na parte B,  respecto á partitura dada en aula.)



TEMA 1 (NOVEMBRO): LUNA ANDALUZA

 Aquí vos deixo un pequeno vídeo coa execución do tema "Luna andaluza", que xa estivemos ensaiando na clase este trimestre.

Ánimo, é moi sinxelo!!!