lunes, 19 de diciembre de 2016

viernes, 11 de noviembre de 2016

UN MAGOSTO PARA CANTAR E BAILAR

NO MAGOSTO NON PODÍA FALTAR A ACTUACIÓN DO CORO.
TAMPOUCO FALTOU ANIMAR A FESTA CON CANTIGAS VARIADAS.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTASEN!

miércoles, 12 de octubre de 2016

TRABALLAMOS MÚSICA RELACIONADA COS PROXECTOS

NO COLE ANDAMOS CON PROXECTOS VARIOS: O CORPO, AS MASCOTAS, OS ANIMAIS, ..
E COMO NON?
TRABALLAMOS CANCIÓNS E BAILES RELACIONADOS
...

viernes, 6 de mayo de 2016

PREPARAMOS O CONCERTO DA GRAMOLA GOMINOLA

DENTRO DUNS DÍAS NO COLEXIO GOZAREMOS DUN CONCERTO.
ESTARÁ DENTRO DA PROGRAMACIÓN DAS LETRAS GALEGAS NO COLE E A CARGO DA "GRAMOLA GOMINOLA".
NAS AULAS TRABALLAMOS CON MOITAS DAS CANCIÓNS.

SEGUINDO O RITMO

ALUMNADO DE INFANTIL DE TRES TRABALLANDO SOBRE O RITMO, O SILENCIO,...



miércoles, 27 de abril de 2016

CANTADE CONNOSCO

OS POEMAS DE MANUEL MARÍA PERCORREN TODO O CENTRO.
HAINOS NO PATIO, NAS CLASES, NOS BLOGS...
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN CANTADO


E OUTROS MÁIS





martes, 26 de abril de 2016

TRABALLANDO A MANUEL MARÍA

MANUEL MARÍA, HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2016, TEN MOITOS POEMAS QUE FORON MUSICADOS.
NESTES DÍAS ESTAMOS COAS DIFERENTES AULAS TRABALLANDO ALGÚNS DESES POEMAS:
- DORNA
- A LÚA
- POEMIÑA PARA NAMORAR UNHA ROSA
- O RÍO
- O ARCO DA VELLA
- CARACOL
- O SOL
...

sábado, 23 de abril de 2016

TRABALLAMOS SOBRE ENRIQUE GRANADOS

ESTE ANO CÚMPRESE O CENTENARIO DA MORTE DE ENRIQUE GRANADOS.
NAS AULAS ESTAMOS A COÑECELO, AVERIGUAR ALGO DA SÚA BIOGRAFÍA E COÑECER UN CHISCO DA SÚA OBRA.




viernes, 22 de abril de 2016

O RAP DE 6º PARA CERVANTES

CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO, 6º, ADEMAIS DE CONTRIBUÍR Á LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE, INTERPRETA UN RAP TRABALLADO NA CLASE.

viernes, 8 de abril de 2016

TRABALLAMOS CO QUIXOTE DE CERVANTES

CON MOTIVO DO CATROCENTOS ANIVERSARIO DA MORTE DE CERVANTES, NO COLE IMOS TRABALLAR SOBRE EL. O QUIXOTE ESTIVO MOI PRESENTE NA MÚSICA. DÉIXOVOS UN ANAQUIÑO PARA QUE COMECEDES A GOZALO.


martes, 29 de marzo de 2016

IMOS IR AO CONCERTO

5º E 6º IMOS IR AO CONCERTO DE XOÁN CURIEL "ESTAMOS NO VERÁN", SERÁ EN ABRIL NA SEDE DE AFUNDACIÓN.


lunes, 15 de febrero de 2016

RECOÑECEMOS ESTA AUDICIÓN?




GuillermoTell. Obertura. G. Rossini. O ALUMNADO DE 1º E 2º FORON AO CONCERTO, VIMOS UNHA ADAPTACIÓN DA ÓPERA. ESTIVO XENIAL! SE QUEREDES VER FOTOS CLICADE AQUÍ

domingo, 31 de enero de 2016

BAILE DA PAZ

BAILAMOS NO PATIO, O 29 DE XANEIRO A CANCIÓN "BAILE DA PAZ" DE MAMÁ CABRA.
SAIUNOS TAN BEN QUE O REPETIMOS VARIAS VECES.

viernes, 15 de enero de 2016

FOMOS AO PAZO

NO PAZO DA CULTURA COÑECEMOS E ENTREVISTAMOS A KARYNA GOMES, UNHA DAS PARTICIPANTES NA XII EDICIÓN DE CANTOS NA MARÉ.
TIVEMOS O GUSTO DE ESCOITAR UN CACHIÑO DOS ENSAIOS.
FOI MOI INTERESANTE!


martes, 12 de enero de 2016

O ALUMNADO DE 6º CON KARYNA GOMES

 ESTE VENRES 15 DE XANEIRO, O ALUMNADO DE SEXTO TEREMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECER  Á ARTISTA GUINEANA  KARYNA GOMES,  UNHA DAS INVITADAS NESTA NOVA EDICIÓN DO ESPECTÁCULO "CANTOS NA MARÉ".


Karyna Gomes apresenta “Amor Livre” o 1º single de avanço de “Mindjer”, o álbum de estreia

viernes, 8 de enero de 2016

CANTAR E BAILAR POLA PAZ


APRENDEDE CONNOSCO ESTAS CANCIÓNS, PARA CANTALAS E BAILALAS E ASÍ LEMBRAR RESPECTAR A TODAS AS PERSOAS E Á DIVERSIDADE.


BAILE DA PAZ

ESTA É A DANZA
DA ESPERANZA,
DANZA CAPAZ
DE SEMENTAR PAZ.

OMBRO CON OMBRO
PÓDESE TODO.

DÁ UN TACONAZO.
LEVANTA O BRAZO
E CON DONAIRE
DÁLLE AO CÚ AIRE.

COLLE A ORELLA
DA TÚA PARELLA.
FAILLE CÓXEGAS.
PONTE EN CREQUENAS.

ESTA É A DANZA
DA ESPERANZA,
DANZA CAPAZ
DE SEMENTAR PAZ.

AGORA DÁ UN BRINCO,
OU MELLOR CINCO!,
E TRES PALMADAS
CON GARGALLADAS.

LOGO AO COMPÁS
ANDA CARA ATRÁS.
E CARA ADIANTE,
COMA UN XIGANTE.

PINTA UN MOMENTO
PAZ NO VENTO.
GRITA UN SEGUNDO:
"PAZ NO MUNDO"



PALABRAS MÁXICAS
A LINGUA FÓRA E DENTRO
MENTRES O NARIZ APERTO.
PRONUNCIO UN FEITIZO EN ALTO
E DOU DÚAS VOLTAS E UN SALTO.

SISCUERRANI BONI TUNDO
QUE HAXA PAZ EN TODO O MUNDO
E QUE NON QUEDE UNHA GUERRA
SOBRE A FACE DA TERRA.

CUASIRROSA LATA SERSO.
QUE POR TODO O UNIVERSO,
AS ARMAS SE VOLVAN FLORES
DE LUMINOSAS COLORES.

A LINGUA FÓRA E DENTRO
MENTRES O NARIZ APERTO.
PRONUNCIO UN FEITIZO EN ALTO
E DOU DÚAS VOLTAS E UN SALTO.

COQUI CHILI TILITÓN.
QUE A XENTE DIFERENTE,
CON RESPECTO E COMPRENSIÓN 
SE LEVE ESTUPENDAMENTE.

TITOLIRO FAGUI SETA.
QUE AO MENEAR A VARA
CADA PERSOA DO PLANETA
TEÑA CANTO PRECISAR...