jueves, 15 de diciembre de 2022

É TEMPO DE NADAL, É TEMPO DE CANTAR

 É TEMPO DE NADAL E É TEMPO DE CANTAR. 

EN GALICIA CANTÁBANSE PANXOLIÑAS, ANINOVOS,REIS, ...A CAMBIO DUN "AGUINALDO", QUE VIÑA SENDO COMA UN AGASALLO QUE SE LLE DABA/DÁ A UNHA PERSOA NESTAS DATAS, POR UN SERVICIO OU TRABALLO, PERO TAMÉN ERA A RECOMPENSA POR CANTAR POLAS PORTAS NESTAS DATAS (ALGÚNS DOS CANTOS LEVABAN O MESMO NOME).

(IMAXE DE LEANDRO LAMAS PARA O CONTO DO APALPADOR)

ESTAS SEMANAS CANTAREMOS CÁNTICOS PROPIOS DAS DATAS, ASÍ QUE IMOS DEIXANDO POR AQUÍ ALGÚNS DOS TRABALLADOS E ESCOITADOS.
BOAS FESTAS,BO NADAL, E MELLOR ANINOVO!!!







viernes, 25 de noviembre de 2022

CULTURGAL EN PONTEVEDRA

 XA ESTÁ AQUÍ A NOVA E 15ª  EDICIÓN DA FEIRA CULTURAL "CULTURGAL".

HOXE CHEGOU A INFORMACIÓN A ÚLTIMA HORA, ASÍ QUE AQUÍ VOS DEIXO A INFORMACIÓN CON TODO O QUE PODEDES FACER NESTA FIN DE SEMANA: CONTACONTOS,CINEMA, CONCERTOS, TEATRO, ILUSTRACIÓN,...

ANIMÁDEVOS, E LOGO, XA ME CONTADES!!!




lunes, 14 de noviembre de 2022

"LA PUERTA VIOLETA"

 PARA O ACTO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO, ESTAMOS A TRABALLAR A COÑECIDA CANCIÓN DE ROZALÉN "LA PUERTA VIOLETA".

NA AULA DE MÚSICA APRENDÉMOLA A CANTAR, FIXEMOS MÍMICA E PERCUSIÓN CORPORAL PARA ACOMPAÑAR MENTRAS A CANTABAMOS.

AQUÍ DEIXAMOS UN VÍDEO CON P.C. PARA  PRACTICAR.




lunes, 7 de noviembre de 2022

VAI DE BAQUETAS!!!

 ESTAMOS A TRABALLAR DIFERENTES ESQUEMAS RÍTMICOS CON BAQUETAS , DE 3º A 6º, E ATOPAMOS UN EXERCICIO MOI INTERESANTE CON BASE DE RAP, NO QUE A DIFICULTADE VAI "IN CRESSENDO".

ANIMÁDEVOS, E SE "TROPEZADES" , XA SABEDES QUE PODEDES BAIXARLLE A VELOCIDADE.



jueves, 27 de octubre de 2022

O OUTONO XA CHEGOU

  Xa chegou o outono!!! E con el, novas cancións e novas actividades!!! Este mes estivemos a  traballar a canción  "O outono xa chegou" de  "Uxía Lambona e a Banda Molona" .

Fixemos uns sinxelos acompañamentos de negras (TA) e corcheas (TI-TI) para realizar nas 2 partes :

Parte 1: TA  TA  TA  Z

Parte 2:  TI-TI   TA  TI-TI    TA


A practicar e gozar coa música!!!



XA CHEGOU O OUTONO!!!

 Xa chegou o outono!!! E con el, novas cancións e novas actividades!!! Este mes estivemos a  traballar a canción  "O outono xa chegou" de  "Uxía Lambona e a Banda Molona" , así coma un fragmento do "Outono" de Vivaldi co acompañamento de pequena percusión apoiado cun pictograma.

A gozar coa música!!!




viernes, 23 de septiembre de 2022

CONCERTO DIDÁCTICO DA BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO

 O PASADO XOVES 22 DE SETEMBRO, O ALUMNADO DE , E DO CEIP VILAVERDE, ASISTIMOS A UN CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO.

PASÁMOLO FENOMENAL, E LEMBRAMOS MOITAS COUSAS SOBRE AS FAMILIAS DE INSTRUMENTOS, ADEMÁIS DE APRENDER ALGUNHA NOVA.

O DIRECTOR DA BANDA FALOU DOS INSTRUMENTOS QUE A CONFORMABAN E FALOU DAS FAMILIAS DE INSTRUMENTOS: VENTO (MADEIRA E METAL), CORDA E PERCUSIÓN.

FOI UN CONCERTO CHEO DE MELODÍAS COÑECIDAS POR TODAS E TODOS NÓS.PASÁMOLO FENOMENAL!!!E...ATA A ALGÚN TOCOULLE FACER DE DIRECTOR, CON BATUTA E TODO!!!



lunes, 30 de mayo de 2022

MULLERES GALEGAS NO MUNDO DA MÚSICA

AO LONGO DO MES DE MARZO E PARTE DE ABRIL, ESTIVEMOS INVESTIGANDO E TRABALLANDO ARREDOR DA TEMÁTICA DE MULLERES TRABALLADORAS, NO NOSO CASO, MULLERES GALEGAS QUE TRABALLAN NO EIDO DA MÚSICA.
INVESTIGAMOS SOBRE A SÚA VIDA E SOBRE A SÚA PRODUCCIÓN ARTÍSTICO-MUSICAL, E DESCUBRIMOS QUE HAI UNHA MANCHEA DELAS.
FIXEMOS A EXPOSICIÓN DAS NOSAS PESQUISAS, E COLGÁMOLAS NO VALADO DO COLE.
SÓ QUEDABA AGARDAR  QUE RESPOSTARAN Á NOSA CHAMADA AS ARTISTAS , MANDANDO UN SAÚDO PARA O ALUMNADO DO CEIP VILAVERDE DE MOURENTE, E DE SEGUIDO MONTAR O VÍDEO DALGUNHAS DELAS QUE RESPOSTARON .
ESTE É O RESULTADO FINAL DESTA SEGUNDA PARTE DO NOSO TRABALLO.
PARA O VINDEIRO CURSO, MÁIS E MELLOR!!! 
 










 




miércoles, 4 de mayo de 2022

EXTRA!!!

 EXTRA,EXTRA!!!XA ESTÁ AQUÍ!!!

ACHÉGANSE AS DATAS DE CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022, ESTE ANO ADICADAS A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POETA VALDEORRÉS.

NÓS, CELEBRARÉMOLO CON MOITAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO AUTOR, MAIS RETOMAMOS O TRADICIONAL CONCERTO DAS LETRAS, DESTA VEZ DA MAN DE PACO NOGUEIRAS CO SEU
NOVO TRABALLO "EXTRA!!!".

PODEDES OLLAR E ESCOITAR MÁIS VIDEOCLIPS NA CANLE KALANDRAKA TV.

martes, 3 de mayo de 2022

TRABALLANDO COA APLICACIÓN LAUNCHPAD

 O ALUMNADO DE 5º E 6º ESTIVEMOS A TRABALLAR COA ASOCIACIÓN ECOPERCUSIÓN, NA VOLTA DAS VACACIÓNS , CUNHA APLICACIÓN QUE NOS PERMITE CREAR E REMEZCLAR MÚSICA, CUNHA SERIE DE BANCOS SONOROS QUE TEN A APLICACIÓN.

APROVEITAMOS MOI BEN ESTE TALLER E ALGÚNS DESCUBRIMOS UNHA NOVA FORMA DE XOGAR COA MÚSICA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS RECOLLIDOS ALGÚNS VÍDEOS E FOTOGRAFÍAS,  DAS SESIÓNS DO MARTES 19 E MÉRCORES 20 DE ABRIL.












jueves, 17 de marzo de 2022

RÁPIDO, LENTO

 EMPREGANDO A  TÉCNICA DO DEBUXO RÍTMICO, PRESENTAMOS A CONTINUACIÓN UN EXERCICIO QUE ESTIVEMOS A TRABALLAR EN AULA.

UNS FIXEMOLO EN PAPEL, OUTROS CON MOVEMENTO.

ANIMÁDEVOS A PRACTICALO NA CASA, PERO ... SEGUIDE O RITMO!!!



miércoles, 23 de febrero de 2022

ROSALÍA DE CASTRO

 COMO ESTA SEMANA É A SEMANA DE ROSALÍA, DÉIXOVOS UN DOS SEUS POEMAS MUSICADO E INTERPRETADO POLO GRUPO  DO MORRAZO ASTAROT .

"ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"

AQUÍ VOS DEIXO TAMÉN UNHA ACTIVIDADE DE LIVEWORKSHEETS COA LETRA DO POEMA E OUTRA VERSIÓN, CANTADA POR AMANCIO PRADA.


ROSALÍA DE CASTRO: EU BEN VIN ESTAR AO MOUCHO


 COMO ESTA É A SEMANA DE ROSALÍA, TRABALLAREMOS O POEMA "EU BEN VIN ESTAR AO MOUCHO", A TRAVÉS DA CANCIÓN MUSICADA POR MIGALLAS QUE  APARECE NO VÍDEO ANTERIOR E TAMÉN NO SEGUINTE LIVEWORKSHEET( APARECEN OUTROS DOUS POEMAS MÁIS).
NESTE OUTRO LIVEWORKSHEET TEDES UNHA ACTIVIDADE QUE VOS PODE INTERESAR.
ÁNIMO!!!


martes, 22 de febrero de 2022

ROSALÍA

 ESTA SEMANA ESTAMOS A TRABALLAR Á POETA DA FALA: ROSALÍA DE CASTRO.

DÉIXOVOS UNHA CANCIÓN DE UXÍA  SENLLE E DE MAGÍN BLANCO, CHAMADA "ROSALÍA PEQUENIÑA" DO SEU TRABALLO QUE LEVA O MESMO NOME.


AQUÍ VOS DEIXO UNHA ACTIVIDADE DO TEMA.

miércoles, 16 de febrero de 2022

ROSALÍA

 ESTAMOS APRENDENDO UN ANACO DO POEMA "HAS DE CANTAR" DE ROSALÍA DE CASTRO, ASÍ QUE O PRACTICAREMOS CANTANDO.

UXÍA SENLLE MUSICOU ESTE POEMA QUE RECOLLEU NO SEU TRABALLO ROSALÍA PEQUENIÑA.

A CANTAR!!!



viernes, 11 de febrero de 2022

EXERCICIOS RÍTMICOS CON BAQUETAS

EXERCICIO 2: Aquí temos un segundo exercicio rítmico para practicar coas baquetas.Agardo que vos resulte divertido!!! 

P.D.Recoñecedes a melodía de fondo?😜



EXERCICIO 1: Para traballar a figuración de NEGRA e DOBRE CORCHEA, déixovos o exercicio que estivemos a practicar estes días.

Logo, se vos presta, inventade un novo esquema de catro pulsos, e executádeo de igual maneira.

Boa fin de semana!!!


miércoles, 9 de febrero de 2022

AO SON DAS NOSAS MÚSICAS

 Continuando coas enquisas que fixerades no 1º trimestre, agora toca o momento de coñecer a algunhas músicas e músicos galegas/os, que están a traballar dentro e fóra do país, levando por bandeira a lingua galega.

Ao longo deste segundo trimestre afondaremos sobre algúns, investigando sobre a súa vida e traballos.

Para comezar, partimos da entrevista realizada a AIDA TARRÍO, unha das compoñentes do grupo TANXUGUEIRAS, tan latente e tan de actualidade polo Benidorm fest 2022.

Lembrade seguir indagando!!!


Se vos apetece practicar o ritmo de "panaderas" que estivemos a traballar, aquí vos deixo unhas mostras .
1.Interpretación por parte das Tanxugueiras.


2.Titorial de Álvaro Castillo .                                                                                                                         
                                                                                                 





lunes, 7 de febrero de 2022

1º FAMILIAS DE INSTRUMENTOS: PEDRO E O LOBO, Sergei Prokofiev.

Para recordar e recoñecer instrumentos musicais da orquestra ( coas tres familias de instrumentos traballadas ), estamos a traballar  o conto PEDRO E O LOBO, na versión que fixera Disney.

Hai unha versión en curta, máis moderna. Aquí vola deixo tamén.

PEDRO E O LOBO ficha interactiva

PEDRO E O LOBO fichas interactivas 2

miércoles, 2 de febrero de 2022

COCORICO INF 3 E 4

 ESTAMOS A TRABALLAR A CANCIÓN DO CONTO COCORICO, PARA PRACTICAR UNS RITMOS CO PANDEIRO REDONDO E CO TRIÁNGULO.

AQUÍ VOS DEIXO O CONTO E A CANCIÓN PARA QUE ENSAIEDES.



PEDRO E O LOBO, Sergei Prokofiev INF 5

Para recordar e recoñecer instrumentos musicais da orquestra, estamos a traballar en Inf 5 anos, o conto PEDRO E O LOBO, na versión que fixera Disney.

No enlace que aparece a continuación, pinchade e teredes unha actividade sobre o conto musical de Sergei Prokofiev, PEDRO E O LOBO.

https://www.liveworksheets.com/worksheets/es/M%C3%BAsica/Instrumentos_musicales/Pedro_y_el_Lobo_hz248699og 

lunes, 17 de enero de 2022

TODXS SOMOS CAPITÁNS/CAPITANAS

 Con motivo da celebración do día escolar da non violencia e da paz, estamos a preparar unha canción de MAGÍN BLANCO titulada "Todos somos capitáns".

Tódolos 30 de xaneiro  celébrase nos centros educativos españois (dende 1964 )  o día da educación non violenta e pacificadora no aniversario da morte de Mahatma Gandhi

Éste "TODOS SOMOS CAPITÁNS" pretende ser un himno onde alcemos as nosas voces como capitanas e capitáns , rumbo a un presente e futuro cheo de igualdade e paz.

Traballaremos a lingua de signos no retrouso da canción e unha sinxela coreografía para o resto do tema, e que representaremos o vindeiro venres 28 de xaneiro no patio do cole, dentro dos actos conmemorativos deste día.