miércoles, 25 de enero de 2023

CELEBRACIÓN DA PAZ

 LEVAMOS UN PAR DE SEMANAS TRABALLANDO ARREDOR DA PAZ, POIS O VINDEIRO LUNS 30 DE XANEIRO, CELEBRARÉMOLO  NO COLEXIO.

ESTE ANO ELEXIUSE UNHA CANCIÓN DO ARTISTA MUSICAL JUANES CANTANTE COLOMBIANO DE POP LATINO E ROCK ESPAÑOL, TITULADA "PAZ, PAZ, PAZ."

ESTIVEMOS APRENDÉNDOA E MONTANDO UNHA SINXELA COREOGRAFÍA PARA  PECHAR OS ACTOS DO LUNS.

AGORA TOCA ENSAIALA E ANIMAR ÁS FAMILIAS A QUE A PRACTIQUEN CONVOSCO. ÁNIMO!!!



FRAUTA 4º

1.-PEZA "EL PICAPEDRERO".ESTA É A SEGUNDA PEZA DESTE CURSO 22-23 NA QUE EXECUTAMOS AS NOTAS SI E LA.

A CONTINUACIÓN DÉIXOVOS A PARTITURA E O VÍDEO PARA QUE PRACTIQUEDES NA CASA.

ÁNIMO!!!







 3.PEZA: "LA MARIPOSA".Nesta última peza introducimos a nota DO agudo (DO´).

Déixovos aquí a partitura e  o vídeo.


2.PEZA: "EL BARCO", seguimos a traballar as NOTAS SOL, LA e SI, para rematar de afianzalas.

1.PEZA:"LAS CAMPANAS"

Recordamos esta partitura do pasado curso, pero desta vez , para interpretar coa FRAUTA. Traballaremos as notas SOL, LA e SI.

Está interpretada a unha velocidade moi lenta, para logo ir aumentando segundo poidades.

Ánimo!!!


lunes, 23 de enero de 2023

FRAUTA 5º

1."LA PIEDRA" popular de España (Cataluña). Nesta segunda peza do curso 22-23 introducimos as notas MI  e FA. AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO E A PARTITURA PARA QUE A PRACTIQUEDES.






3.PEZA: PATÍN , PATÁN, Pop. de Francia.

Ésta é a última peza do trimestre, unha sinxela melodía popular francesa, onde introducimos a nota FA.

Lembrade levantar o dedo mainiño da man dereita, no cambio a FA!


https://drive.google.com/file/d/10j76Rl9jD1STjrfFnCwfw0TeZiRM9-lE/view?usp=sharing


2.PEZA:  O GHAI GHAI!

Continuamos coas pezas instrumentais. Desta vez vai o tema popular "O Ghai Ghai!", que vai introducir a nota DO ´ ( Do agudo). Son só 4 notas : SOL, LA , SI e DO´.




1.-PEZA: O BURRIÑO

 Presentamos o primeiro tema de frauta para este curso.

Titúlase "O burriño", e nesta peza  empregaremos as notas SOL, LA e SI.

Podedes empezar practicando a esa velocidade, e cando a teñades, probar a subirlle un pouco.

Ánimo rapazada!!!



EXERCICIOS E PARTITURAS DE FRAUTA 6º 21-23

TEMA 2 (XANEIRO 23): LUNA ANDALUZA

 Aquí vos deixo un pequeno vídeo coa execución do tema "Luna andaluza" de Montse Sanuy, que estamos a preparar no comezo deste 2º trimestre.

Ánimo, é moi sinxelo!!!





TEMA 3 (MAIO): EL CAMELLO BACTRIANO

Este último tema pertence a unha das composicións de Susa Herrera dun dos seus libros CD adicados a CABÁRCENO.

Introducimos como novidade a nota "SI bemol".


TEMA 2 (XANEIRO): YELLOW SUBMARINE

Seguimos cos exercicios e partitras de frauta.

Desta vez  imos cun coñecido tema do grupo The Beatles.

traballaremos unha nova nota "MI ´ " (mi agudo), que executaremos coa posición do mi grave, destapando o burato datrás , parcial ou totalmente.



 (Neste tutorial aparece unha pequena variación na parte B,  respecto á partitura dada en aula.)



TEMA 1 (NOVEMBRO): LUNA ANDALUZA

 Aquí vos deixo un pequeno vídeo coa execución do tema "Luna andaluza", que xa estivemos ensaiando na clase este trimestre.

Ánimo, é moi sinxelo!!!