jueves, 17 de diciembre de 2020

O APALPADOR , A GRAMOLA GOMINOLA

 Bo día e bo Nadal!!!

 A Gramola Gominola (grupo de música) quérenos agasallar co novo traballo musical sobre O APALPADOR.
Aquí deixamos o vídeoclip e os enlaces para dous descargables : a ilustración do Apalpador e a letra da canción.
Agardamos que vos guste moito, isto é un agasallo, unha invitación a bailar, a cantar, a colorear a ilustración e a coñecer un pouco máis e desfrutar do noso Apalpador.

Apertas da Gramola Gominola!!!

ENLACE PARA VER O VIDEOCLIP:

ENLACE PARA ESCOITAR A MÚSICA:

ENLACE PARA DESCARGAR O DEBUXO E A LETRA:

sábado, 12 de diciembre de 2020

JERUSALEMA

 Pero,aínda non o  bailáchedes???



JERUSALEMA é un dos temas máis sonados e bailados neste ano tan especial,é un canto de esperanza que nos dá forzas e nos anima a seguir cara adiante.

Hoxe propoñémosvos que a vaidades practicando na casa coas familias, e logo no cole continuaremos ensaiándoa,para despedir este primeiro trimestre con alegría.

Chocolatada non teremos,pero a festa non vai  faltar!!! 

Aquí vos deixamos o tema de Máster KG e Nomcebo Zikode.





martes, 1 de diciembre de 2020

MANOLO CAVERNARIO

 EN INF. 5 ANOS ESTADES A TRABALLAR A PREHISTORIA, COS SEUS MAMUTS, HOMES E MULLERES CAVERNARIOS, O LUME,AS PINTURAS RUPESTRES,...

POIS BEN, EN MÚSICA TAMÉN APORTAMOS UNHA PARTE A ESTA TEMÁTICA, DA MAN DE  PACO PAKOLAS  CO SEU NOVO LIBRO-CD RAMONA ÓRBITA, CO TEMA MANOLO CAVERNARIO.






lunes, 30 de noviembre de 2020

OS PLANETAS

 OLA AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!!! COMO ESTADES?

EU ANDO A INVESTIGAR POLOS VOSOS BLOGS AS TEMÁTICAS QUE ESTADES A TRATAR, E PUIDEN OBSERVAR QUE EN INF 4 ANOS ESTADES A TRABALLAR ARREDOR DOS PLANETAS.

HOXE VOUVOS DEIXAR UNHA CANCIÓN BEN LINDA QUE FALA DELES..."LA CANCIÓN DE LOS PLANETAS" DE ENRIQUE Y ANA.


jueves, 19 de noviembre de 2020

CONCERTO SINGULAR

 A SEMANA PASADA PUIDEMOS ASISTIR AO NOSO PRIMEIRO CONCERTO DO CURSO, "CONCERTO SINGULAR" DO GRUPO DE PERCUSIÓN-CLOWN PÍSCORE, ONDE CATRO MÚSICOS SOLISTAS COMPARTÍAN UN INSTRUMENTO DA FAMILIA DA PERCUSIÓN DE ALTURA DETERMINADA: A MARIMBA.

POR MOR DA SITUACIÓN ACTUAL,  ÉSTE NON PUIDO SER COMA SEMPRE,  NO TEATRO, PERO SI PRESENCIÁMOLO DE MANEIRA VIRTUAL NAS NOSAS AULAS.

FOI UN POUCO DIFERENTE, PERO TAMÉN O GOZAMOS.

AQUÍ DEIXAMOS UN PEQUENO VÍDEO DE PRESENTACIÓN , PARA AQUELAS NENAS E NENOS QUE NON PUIDERON VIR ESE DÍA A CLASE.



FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

 ESTES DÍAS ESTIVEMOS A TRABALLAR AS FAMILIAS DE INSTRUMENTOS NA CLASE DE MÚSICA: CORDA, VENTO E PERCUSIÓN.

XA AS RECOÑECEMOS BASTANTE BEN, GRACIAS A UNHA CANCIÓN BEN "PEGAÑENTA" QUE DEIXAMOS A CONTINUACIÓN.



EU TEÑO ALGUÉN

 UNHA DAS PRIMEIRAS CANCIÓNS COAS QUE GOZAMOS ESTE CURSO É "EU TEÑO ALGUÉN", DO GRUPO MARÍA FUMASA.

ADENTRÁMONOS NA LINGUA DE SIGNOS CON ELA , E PRACTICAMOS AS NOSAS DOTES  VOCAIS.

ANIMÁDEVOS A GOZALA !!!



SAMBALELÉ

 AS NENAS E NENOS DE 1º , APRENDEMOS UNHA CANCIÓN DO BRASIL CHAMADA "SAMBALELE" .

GOZAMOS MOITO CON ELA FACENDO PERCUSIÓN CORPORAL CUNS SINXELOS ACOMPAÑAMENTOS RÍTMICOS.AQUÍ DEIXAMOS O VÍDEO PARA REPASALA E APRENDERLLA ÁS FAMILIAS.



O OUTONO DE VIVALDI

 ESTAMOS EN TEMPO DE MAGOSTO, ESTAMOS NO OUTONO, E TRABALLAMOS MÚSICAS RELACIONADAS CON ESTA ESTACIÓN DO ANO.

COÑECEDES A VIVALDI E A SÚA OBRA "AS CATRO ESTACIÓNS"???

ESTAS SEMANAS ANDIVEMOS A VOLTAS CUN FRAGMENTO DO "OUTONO": FIXEMOS AUDICIÓNS E TRABALLAMOS CUN MUSICOGRAMA DO OUTONO.

AQUÍ NOS QUEDA PARA REPASALO E GOZALO COA FAMILIA.






domingo, 8 de noviembre de 2020

DANCE MONKEY

 Aquí vos presentamos un tema que se está a escoitar moito, chamado DANCE MONKEY da australiana Tones And I.

Nós aproveitámolo para xogar coa percusión corporal, e... que ben o estamos a pasar!!!


XOGANDO COS RITMOS

Este curso retomamos unha actividade do curso pasado, onde traballabamos os ritmos en ECO empregando folios de cores.
Cada vez estamos máis atentas e atentos e sáenos mellor.
Poñemos aquí a actividade, así como outra nova con vasos.
Desfrutade!!!

viernes, 6 de noviembre de 2020

TRABALLAMOS SOBRE REGUEIFAS

Esta semana pasada andivemos a traballar as REGUEIFAS , en 5º e 6º con  Lupe Blanco.

Coñecimos algo sobre a súa orixe e sobre as normas básicas de composición.



Fómoslle perdendo o medo, e sairon coplas ben "chulas" e inxeniosas.


 


 

MÚSICA NO MAGOSTO

PARA CELEBRAR A FESTA, CANTAMOS...

CHEGOU O MAGOSTO

PARA CELEBRAR O MAGOSTO IMOS CANTAR...

jueves, 24 de septiembre de 2020

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR 2020-2021!!!

 ESTE NOVO CURSO PRESÉNTASE UN TANTO ESTRANO PARA A MÚSICA...PERO NON VOS APENEDES, SEGUIREMOS CANTANDO E DISFRUTANDO DELA  SEN PROBLEMA!!!

ASÍ QUE...MÚSICA MAESTRA!!! 

ABRIMOS CUN TEMA DE MAGÍN BLANCO, CHAMADO "MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR"


lunes, 22 de junio de 2020

PREMIOS ENREGUÉIFATE 2020

 XA CHEGARON OS VÍDEOS PREMIADOS DO ENREGUÉIFATE 2020!!!
E ...TEMOS GAÑADORAS NO NOSO COLE:
"AS REJEIFEIRAS DO CABASO"INÉS E CLARA de 1º A, FORON AS GAÑADORAS DA REGUEIFA MELLOR FALADA EN CATEGORÍA ESCOLAR .

UNHA FORTE APERTA VIRTUAL E A POR MÁIS ÉXITOS,  REJEIFEIRAS DO CABASO!!!

lunes, 15 de junio de 2020

XA CHEIRA A VERÁN!!!

XA CHEIRA A VERÁN!!!É TEMPO DE GOZAR DO SOL, DA PRAIA, DO RÍO E DA BOA COMPAÑA!!!
ESTA FIN DE CURSO É UN TANTO-BASTANTE ESTRANA...PERO TEMOS UN MERECIDO DESCANSO , GAÑADO POLO NOSO ESFORZO, PESE A TODO O ACONTECIDO.
NESTA DERRADEIRA SEMANA PROPÓÑOVOS UN TEMA MUSICAL DE XOAN CURIEL.
ATA PRONTO!!!

domingo, 7 de junio de 2020

miércoles, 3 de junio de 2020

DANZA DAS ABELLAS 3º


Danza como modo de comunicación das abellas.
A danza é unha expresión plástica coa que transmitimos sensacións e sentimentos. As abellas emprégana como método de comunicación entre a comunidade. Atrevédesvos a realizar unha sinxela coreografía imitando o voo das abellas? Podedes elixir unha melodía instrumental que vos apeteza e improvisar uns sinxelos movementos. Animádevos e mandade as vosas creacións.




viernes, 29 de mayo de 2020

miércoles, 20 de mayo de 2020

ÚLTIMO AVISO PARA PARTICIPAR NO "ENREGUÉIFATE 2020"

 A concelleira de Educación anima a participar no certame ...
O 29 de maio pecha o prazo para participar no Enreguéifate 2020
Malia a estado de alarma, o Enreguéifate botou a andar este ano para animar a pequenos/as e maiores a pasar o tempo agudizando o enxeño a través da arte da regueifa. 
Enreguéifate é un proxecto de normalización lingüística impulsado polos concellos de Pontevedra, Ames, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar. Por iso, inclúe accións formativas, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

O concurso consta de dúas categorías:

Xeral, na que pode participar calquera persoa. 
Escolar, na que pode participar alumnado de ensino non universitario (calquera nivel de educación infantil, primaria, secundaria, formación profesional, ensinanzas especiais, artísticas, escolas de música, de danza ou de idiomas). Nesta categoría, as persoas participantes representarán o centro eucativo no que estuden, aínda que poden inscribirse co nome da súa aula ou co que decidan adoptar para diferenciárense doutras que participen do mesmo centro. 


O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de maio. Toda a información, así como a formulario para inscribirse, está na web: www.enregueifate.gal



lunes, 18 de mayo de 2020

BAILANDO 5º

COMO SEI QUE ESTADES A TRABALLAR O SISTEMA LOCOMOTOR, PROPÓÑOVOS UN TEMA DOS ANOS 80 CHAMADO "BAILANDO" DE ALASKA. A VER SE SODES QUEN DE SEGUIR A MÚSICA E MOVER AS PARTES DO CORPO QUE SE  VOS INDICA..., OU INCLUSO MONTAR UNHA COREOGRAFÍA FINAL DE CURSO...DESFRUTÁDEA!!!











TELEFOLIADAS 6º



A SITUACIÓN ACTUAL FIXO QUE TÓDOLOS SECTORES, TIVESEN QUE ADAPTARSE E REINVENTARSE.O SECTOR CULTURAL NON QUEDOU ATRÁS.AQUÍ VOS POÑO UN EXEMPLO DO FENÓMENO "TELEFOLIADAS".

BUSCADE E ANALIZADE OUTRAS, NAS REDES, COMENTADE E DADE A VOSA OPINIÓN SOBRE ELAS, SON NECESARIAS?

QUE APORTAN?

IMAXINARIADES UN FUTURO NO QUE SÓ PUIDESEMOS DESFRUTAR DA MÚSICA DESTA MANEIRA?

viernes, 15 de mayo de 2020

ESCOITAMOS, CANTAMOS E BAILAMOS O 17 DE MAIO


AQUÍ TEMOS UN TEMA  CHAMADO "A FALA"  , POEMA DE MANUEL MARÍA MUSICADO POR UXÍA SENLLE, PARA CELEBRAR O DÍA DAS NOSAS LETRAS GALEGAS.
GOZADE !!!BOA FIN DE SEMANA!!!

A PITA PODEIRA




CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS, E COMO TRABALLAMOS  O CONTO "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", DÉIXOVOS AQUÍ UNHA CANCIÓN INTERPRETADA POLO GRUPO VOCAL FEMININO "LEILÍA", "A PITA PODEIRA"


A pita podeira MIRANDA 1ºA










lunes, 4 de mayo de 2020

miércoles, 29 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA



O 29 DE ABRIL FOI O DÍA ESTABLECIDO POLA UNESCO EN 1982, PARA FOMENTAR A PARTICIPACIÓN E EDUCACIÓN DA DANZA A TRAVÉS DE DIVERSOS EVENTOS.
SABERÍAS DICIR POR QUE ESTE DÍA?INDAGA UN POUQUIÑO.

E AGORA , BAILA!!!


HAI UNS ENIGMAS SOBRE O BAILE QUE PODES RESOLVER. PREME AQUÍ PARA VELOS.

E SE CHE APETECE UNHA SESIÓN DE BAILE CON PESDELÁN  ÁS 12:00h,..FAI CLIC AQUÍ 




ASÍ O CELEBRAMOS NÓS...









lunes, 27 de abril de 2020

TARANTELLA

ESTA SEMANA, OS GRUPOS DE 2º ESTADES  A TRABALLAR O VOLCÁN ETNA.
PARA ENLAZAR CO MESMO TEMA , PROPÓÑOVOS UNS PASIÑOS DA DANZA TÍPICA A TARANTELLA.
A NIMÁDEVOS A FACELA.


ALGÚNS ATREVÉRONSE COA TARANTELA...




viernes, 24 de abril de 2020

FACENDO MÚSICA CUN INSTRUMENTO SINXELIÑO

ABRAHAM CUPEIRO AXÚDANOS A FACER MÚSICA CREANDO FRAUTAS SINXELAS.
QUEN SE ATREVE A FACER UNHA?



XA CHEGARON ALGUNHAS ELABORACIÓNS...













jueves, 23 de abril de 2020

O DÍA DO LIBRO CANTANDO

CANTA CONNOSCO ESTA CANCIÓN DE PACO NOGUEIRA E OBSERVA TODO O QUE OCORRE CANDO LES UN LIBRO:

martes, 21 de abril de 2020

REGUEIFAS PARA 5º E 6º

Para animar a nenas e nenos e persoas adultas podemos facer REGUEIFAS.

Tiñamos previsto neste trimestre ter para vós, o alumnado maior do cole, unha formación no cole sobre Regueifas. Non é posible no cole, pero podemos facelas igual  e CREAR ALGUNHAS, animádesvos?
VEXAMOS...

 REGUEIFA é  unha improvisación oral cantada en forma de diálogo. Están relacionadas nas súas orixes directamente cos casamentos.  Ademais das regueifas, en Galiza hai máis formas de improvisación oral relacionadas cos casamentos como o Brindo, as Loias, as Cencerradas... segundo a zona xeográfica nas que se realicen. E tamén hai outras formas improvisadas que se empregaban no Entroido como as Bombas ou os Atranques do Ulla...

Imos centrarnos na regueifa cantada, así poderemos regueifar.
Características das regueifas:
Ingredientes: 
- catro versos octosilábicos que riman os pares, quedando libres os impares (a rima pode ser asonante pero preferiblemente consonante),
 - dúas persoas mínimo, que cantan, a capela nas súas orixes e nos últimos tempos con acompañamento instrumental,
- unha controversia e, 
- a poder ser, un público empático e agradecido.
Mecánica: Tradicionalmente comezaban cun breve saúdo ao público, unha presentación e comezaban o desafío dialéctico por quendas até que unha das dúas persoas que regueifasen quedase sen argumentos ou folgos.

Pois ben, aí van as "normas" de composición:
 - O idioma empregado ten que ser o galego. 
- A temática é libre. 
- En cada vídeo deben aparecer, cando menos,dúas persoas. 
- A duración máxima das pezas será de 3 minutos. 
- Non se poderán transmitir imaxes ou mensaxes violentas, ofensivas e/ou discriminatorias. 
Exemplos de regueifa

*LUPE BLANCO e ALBA MARÍA regueifando 


*PINTO DE HERBÓN e O CARUNCHO 


TAMÉN TENDES OUTRO EXEMPLO AQUÍ  E OUTRO MÁIS  AQUÍ



Se queredes podedes facelas en parellas. Subide o resultado á aula virtual.


domingo, 19 de abril de 2020

CONCERTOS DE "MAMÁ CABRA" E "MARÍA FUMAÇA"

SE VOS APETECE ASISTIR A UN CONCERTO POLA RADIO... DÉIXOVOS ESTE ENLACE ONDE PODEREDES INFORMARVOS DEL.
É UN CONCERTO DOS GRUPOS MUSICAIS MARÍA FUMAÇA e MAMÁ CABRA.


María Fumaça - Inicio | FacebookPeixes, moluscos e crustáceos" de MAMÁ CABRA en MÚSICA cancións en ...