martes, 21 de diciembre de 2021

FIN DO 1º TRIMESTRE!!!

 E CHEGOU A FIN  DO 1º TRIMESTRE, SEN CHOCOLATADA (PERO SI, MERENDAS DE NADAL) E SEN DEMASIADAS APERTAS, PERO CON MOITA MÚSICA E MOITO BAILE.

"ANINOVO CON BEN VEÑAS!!!"

FELICES FESTAS!!!










martes, 30 de noviembre de 2021

NOVA FORNADA DE REGUEIFAS

 Continuamos un curso máis formándonos na técnica do REPENTE galego, concretramente na arte das REGUEIFAS, e desta vez de man de dous mestres coma son Pinto de Herbón e Luis Caruncho.

Pasámolo fenomenal as dúas mañás da pasada semana!!!

Creamos moitas coplas (CUARTETAS OCTOSILÁBICAS, CON RIMA ASOANTE OU CONSOANTE NOS PARES),  e traballamos moitos recursos (RECURSO DA RIMA,XOGO DE PALABRAS, VERSO DE ARRANQUE,COPLA DE PÉ FORZADO, LEIXAPRÉN,...) cos que descubrimos que non se nos dá tan mal.

Paseniño, paseniño , imos andando o camiño da Regueifa...Prestounos moito...

En breves ,pasaremos a limpo as nosas creacións e colgarémolas por aquí.



lunes, 29 de noviembre de 2021

EXERCICIOS DE PRELECTURA RÍTMICA

 IMOS PRACTICAR UN POUQUIÑO DE RITMO.

LEMBRADES O RITMO DE SOL E LÚA???POIS, ÁNIMO, A PRACTICAR!!!


viernes, 22 de octubre de 2021

CHEGA O SAMAÍN!!!

 Como xa sabedes, estamos preparando o Samaín, que é unha celebración de orixen celta que o cristianismo reconvertíu no Día de Tódolos Santos.

Esta festa levaba unas décadas esquecida pero nos últimos anos estase a recuperar gracias ao traballo realizado en escolas e concellos de Galicia.  

noite do 31 de outubro  dá comezo o Ano novo celta, remata  o verán e entra o inverno . Segundo esta creenza, nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. Recordas ou coñeces a película de Coco???Pois moi parecido é o rito celta do Samaín.

Nós imos celebralo con moita música , e moita maxia!!!


Pinchade nestas músicas e a gozar!!!







lunes, 13 de septiembre de 2021

Novo curso 2021-2022

Comezamos un novo curso, con ganiñas de facer moita música.

Novidades:

-Voltamos á aula de Música, coa cara pintada(gracias Paco!!!)

-Retomaremos algunhas das actividades que deixaramos aparcadas por mor da Covid( pasiño a pasiño).

-Faremos outras novas...

-Temos ganas de concertos ao vivo!!!

Mentras, déixovos un tema dun dos concertos ao que asistín este verán,  para ir abrindo boca ... 

E vós, que escoitáchedes???



lunes, 3 de mayo de 2021

EXERCICIOS E PEZAS PARA FRAUTA

 NESTA ENTRADA IREMOS COLGANDO ALGÚNS VÍDEOS E /OU PARTITURAS PARA QUE ENSAIEDES NA CASA.

LOGO MANDAREDES UN VÍDEO AO CORREO DO BLOG ( musicavilaverde@gmail.com )/ AO EDIXGAL COA VOSA INTERPRETACIÓN.

VÍDEO 3: ABRIL 2021

"TITANIC"

Este tutorial vai bastante lentiño, para que o vexades ben e o practiquedes tranquilamente.Simplifícase un pouco, porque repite a primeira parte da mesma maneira,  tanto a 1ª como a  2ª vez, e a segunda parte rematádea como na partitura (FA redonda-4 pulsos).






VÍDEO 2: XANEIRO 2021

YELLOW SUBMARINE (Neste tutorial aparece unha pequena variación na parte B,  respecto á partitura dada en aula.)

VÍDEO 1: NOVEMBRO 2020

🎼🎶🎶🎶


TALLER ECO PERCUSIÓN

 A SEMANA PASADA ,5º E 6º TIVEMOS UN TALLER DE PERCUSIÓN CON OBXECTOS RECICLADOS.

PASÁMOLO MOI BEN E FOMOS QUEN DE MONTAR UN EXERCICIO "DE CABO A RABO"!!!

DEIXAMOS AQUÍ UNHA MOSTRA DO MESMO, ASÍ COMA A TRANSCRIPCIÓN DO EXERCICIO.



 

viernes, 23 de abril de 2021

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS: RAMONA ÓRBITA

 BOAS!!!

IDE QUENTANDO MOTORES PARA O CONCERTO VIRTUAL DESTE ANO DAS LETRAS, ADICADO A XELA ARIAS.

POLO DE AGORA IREMOS ABRINDO BOCA CON ESTES ENLACES QUE NOS BRINDA O MÚSICO PAKOLAS.

  • Por unha banda un obradoiro de plastilina de creación da figura de Ramona Órbita. Este obradoiro foi promovido pola Biblioteca Provincial da Deputación de Coruña, no día Día da Muller, o 8 de Marzo, representando a nosa científica e labrega favorita. Poderedes atopalo en www.pakolas.com/ramonaorbita/faiatuaramona
  • E por outra banda os karaokes das cancións do librodisco, dispoñibles tamén na web www.pakolas.com/ramonaorbita/karaokes, para empregar cando as circuntancias o permitan dada a situación sanitaria (iranse colgando tódalas cancións en vindeiras datas, por agora dispoñible "Churrasco de Mamut" e "Rock da roda rota") 

  • XIANA de I4A atreveuse co taller de plasti de RAMONA ÓRBITA!!!
  • VERA e ANTÓN de 1º tamén se animaron!!!
  • CARME de I4A

  • RAQUEL 1ºA

  • XABI 1ºA 
  • VERA 2ºA


  • CLARA  I5A
  • IZAN 1ºB


martes, 20 de abril de 2021

EXERCICIOS E PEZAS PARA FRAUTA 4º

 Aquí iremos colgando as partituras e vídeos explicativos para frauta.

.-"ROMANCE", Francisco Salinas.

Nesta nova peza, introducimos a nota DO'(DO agudo), polo que traballaremos SOL, LA, SI e DO'.





.-"EL BARCO": Nesta partitura traballaremos as posicións de SI, LA e SOL.






EXERCICIOS E PEZAS PARA FRAUTA

  NESTA ENTRADA IREMOS COLGANDO ALGÚNS VÍDEOS E /OU PARTITURAS PARA QUE ENSAIEDES NA CASA.

LOGO MANDAREDES UN VÍDEO AO CORREO DO BLOG ( musicavilaverde@gmail.com ) COA VOSA INTERPRETACIÓN.

VÍDEO 3: ABRIL 2021








VÍDEO 2: XANEIRO 2021




VÍDEO 1: NOVEMBRO 2020


viernes, 16 de abril de 2021

BAILAMOS???

 

TOCA BAILAR!!!ASÍ QUE IDE COLLENDO AS ZAPATILLAS E A "GASTAR PISTA"!!!
DESTA VEZ TOCA UN TEMA MOI COÑECIDO, "FOLLOW THE LIDER" DE SOCA BOYS, CON COREOGRAFÍA DE MOVE LIKE THIS (JINGKYMOVES)
GOZÁDEO!!!



BAILAMOS???

TOCA BAILAR!!!ASÍ QUE IDE COLLENDO AS ZAPATILLAS E A "GASTAR PISTA"!!!
DESTA VEZ TOCA UN TEMA MOI COÑECIDO, "GANGNAM STYLE", CON PASOS DE ZUMBA.
GOZÁDEO!!!


martes, 9 de marzo de 2021

3ºEL PICAPEDREO

OLA NENAS E NENOS!!!

O PROMETIDO É DEUDA.

AQUÍ VOS DEIXO A PARTITURA EL PICAPEDRERO, COA QUE PODEREDES PRACTICAR AS NOTAS MUSICAIS SI (3ª LIÑA) E LA (2º ESPAZO).

DESTA VEZ QUERO QUE A CANTEDES, PROBEDES A TOCALA NALGÚN INSTRUMENTO QUE MANEXEDES OU BEN QUE A PRACTIQUEDES CON ALGUNHA APLICACIÓN DA TABLET ( por ex. GARAGE BAND).

CANDO A TEÑADES LISTA, GRABÁDEVOS E ENVIADE O VOSO VÍDEO POLA AULA VIRTUAL(COLGAREI HOXE A ACTIVIDADE).




lunes, 8 de marzo de 2021

PC FAMILIA ADAMS

 AQUÍ VOS DEIXO UN EXERCICIO DE PC (PERCUSIÓN CORPORAL) QUE ESTIVEMOS A TRABALLAR.

GOZADE DO SEU RITMO!!!


PC UPTOWN FUNK

 AQUÍ VOS DEIXO UN DOS EXERCICIOS DE PERCUSIÓN CORPORAL(PC) QUE ESTAMOS A TRABALLAR.

GOZADE DO SEU RITMO!!!


domingo, 7 de marzo de 2021

UN CONTO EN CANTO

 ESTA SEMANA PASADA ESTIVEMOS TRABALLANDO UN CONTO CANTADO TITULADO A MELLOR SOPA DO MUNDO.

COMO NOS GUSTOU MOITO, AQUÍ DEIXAMOS UNHA VERSIÓN BEN BONITA EN LINGUA DE SIGNOS.

E, SE VOS APETECE, AQUÍ VOS DEIXO UN EXERCICIO PARA IMPRIMIR E VER SE LEMBRADES QUE ALIMENTO LLE PROPORCIONOU Á TARTARUGA CADA ANIMALIÑO.
"BO PROVEITO!!!"



miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 HOXE 24 DE FEBREIRO, LEMBRAMOS Á NOSA ROSALÍA NO DÍA DO SEU NACEMENTO.

AO LONGO DA SEMANA TRABALLAREMOS ALGÚNS DOS SEUS POEMAS MUSICADOS(UN DE CURROS ENRÍQUEZ ADICADO A ELA).OS QUE AQUÍ PRESENTAMOS, PERTENCEN AO TRABALLO DE UXÍA SENLLE, , "ROSALÍA PEQUENIÑA" DA EDITORIAL GALAXIA.

 

"COMO CHOVE MIUDIÑO"(INFANTIL)

"PASENIÑO"(1º)

"A GRASIA NON ERA MOITA"(2º e 3º )

"A ROSALÍA"(4º, 5º e 6º).





viernes, 12 de febrero de 2021

ENTROIDO VILAVERDE

NENAS E NENOS, AGARDO QUE PASEDES UN ENTROIDO DIVERTIDO E CON SENTIDIÑO!!!
POLA MIÑA PARTE DÉIXOVOS UN BAILE DO DISCO ENTROIDANZAS DE PESDELÁN E UNHA CANCIÓN DE PACO NOGUEIRAS PARA MOVER O CORPO!!!"O ENTROIDO MOVE O CORPO"



martes, 26 de enero de 2021

MARCHA RADEZTKY

 Comezamos este novo trimestre cunha obra musical que é un clásico : MARCHA RADEZTKY.

Tódolos primeiros de ano, a Filarmónica de Viena fai un concerto , rematando sempre o mesmo coa MARCHA RADEZTKY de Johann Strauss(pai).

Ao longo destas semanas estivemos traballándoo cun musicograma , cun acompañamento rítmico e diferentes matices de INTENSIDADE.

Aquí o deixamos para que o practiquedes e investiguedes algo máis sobre a obra e o seu compositor.