martes, 30 de noviembre de 2021

NOVA FORNADA DE REGUEIFAS

 Continuamos un curso máis formándonos na técnica do REPENTE galego, concretramente na arte das REGUEIFAS, e desta vez de man de dous mestres coma son Pinto de Herbón e Luis Caruncho.

Pasámolo fenomenal as dúas mañás da pasada semana!!!

Creamos moitas coplas (CUARTETAS OCTOSILÁBICAS, CON RIMA ASOANTE OU CONSOANTE NOS PARES),  e traballamos moitos recursos (RECURSO DA RIMA,XOGO DE PALABRAS, VERSO DE ARRANQUE,COPLA DE PÉ FORZADO, LEIXAPRÉN,...) cos que descubrimos que non se nos dá tan mal.

Paseniño, paseniño , imos andando o camiño da Regueifa...Prestounos moito...

En breves ,pasaremos a limpo as nosas creacións e colgarémolas por aquí.



No hay comentarios:

Publicar un comentario