jueves, 9 de abril de 2026

AQUÍ CANTA A RAPAZADA

  

XA CASE CHEIRA  A VERÁN, COAS SÚAS FESTAS,ROMERÍAS...E QUEREMOS PRESENTARVOS UNHA PROPOSTA  ARTELLADA POLOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA  do CEIP A Xunqueira 1 e CEP Campolongo E DIRIXIDA A PROFESORADO E ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA.

 

A proposta consta de dúas fases:

 

Primeira fase: para realizar no centro educativo e coas familias: trabállanse seis cantigas populares galegas e o himno. Aconséllase repartir as estrofas por equipos de aula para aprendelas. Invítase a que canten en familia as cancións seleccionadas. Na materia de Lingua Galega e Literatura pódense empregar os textos para traballar gramática e vocabulario. En Ciencias Sociais, localizar municipios. Aconséllase levar a cabo audicións no centro nas que o alumnado poida gozar deste tipo de música.

 

Segunda fase: consistirá en cantos colectivos en dúas prazas de Pontevedra; o luns 11 de maio, de 12 a 13 horas. Con antelación comunicarase o punto de encontro, o percorrido e que cancións se cantan en cada praza. Para isto debes inscribirte.

 

Cantigas para traballar:

  1. A saia da CarolinaIr á ligazón
  2. O galoIr á ligazón
  3. Foliada de PontevedraIr á ligazón
  4. Catro vellos mariñeirosIr á ligazón
  5. Xa fun a MarínIr á ligazón
  6. A rianxeiraIr á ligazón
  7. E o Himno Galego: Ir á ligazón

As inscricións para participar están abertas ata o venres 10 de abril no formulario:  https://apuntate.pontevedra.gal/aqui-canta-a-rapazada/


FRAUTA 4º

1.-PEZA:"TOCO LA-SI".



2.-PEZA "EL PICAPEDRERO".ESTA É A SEGUNDA PEZA DESTE CURSO 22-23 NA QUE EXECUTAMOS AS NOTAS SI E LA.

A CONTINUACIÓN DÉIXOVOS A PARTITURA E O VÍDEO PARA QUE PRACTIQUEDES NA CASA.

ÁNIMO!!!






3.PEZA: "EL BARCO", seguimos a traballar as NOTAS SOL, LA e SI, para rematar de afianzalas.




 4.PEZA: "LA MARIPOSA".Nesta última peza introducimos a nota DO agudo (DO´).

Déixovos aquí a partitura e  o vídeo.









miércoles, 25 de marzo de 2026

É TEMPO DE MOVERSE!!!



 O 6 de abril celébrase o Día Mundial da Actividade Física e o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, promovidos pola OMS e a ONU para concienciar sobre os beneficios do exercicio, combater o sedentarismo e fomentar a paz mundial. O lema frecuente é "É tempo de moverse".

NÓS CELEBRARÉMOLO XUSTO Á VOLTA DAS VACACIÓNS, CON ACTIVIDADES AO LONGO DA MAÑÁ, PARA COMEZAR O ÚLTIMO TRIMESTRE CON MOITA ENERXÍA!!!

DÉIXOVOS UNS ENLACES PARA MOVER O CORPO AO RITMO DA MÚSICA!

💃👯INFANTIL:




💃👯1º CICLO:


                       
                      
💃👯2º CICLO:

                       


💃👯3º CICLO:






viernes, 13 de febrero de 2026

Enreguéifate 2026

 


miércoles, 4 de febrero de 2026

IMOS CUNS PASOS DE HIP HOP?

ESTE ENTROIDO, OS DE 3º IMOS DESFILAR A RITMO DE RAP E HIP HOP.
AQUÍ TEMOS UNS SINXELOS PASOS PARA ADENTRARNOS NESTE ESTILO.
ANIMÁDEVOS E BAILADE CONNOSCO!!!
(Estes pasos van coa base rítmica do tema dos BACKSTREET BOYS
 Everybody (Backstreet's Back) .

 

lunes, 2 de febrero de 2026

" We will rock you", QUEEN

 O ALUMNADO DE 2º  ESTAMOS A MONTAR UNHA SINXELA COREOGRAFÍA PARA O ENTROIDO,DO MÍTICO GRUPO QUEEN, " We will rock you".

BAILADE PARA IR QUENTANDO MOTORES PARA ESTE ENTROIDO, QUE VAI SER MOI MUSICAL!!!


E AGORA,PRACTICAMOS ESTE RITMO CON PERCUSIÓN CORPORAL?



"THRILLER", MICHAEL JACKSON

 PREPARANDO O ENTROIDO , OS DE 1º ESTAMOS A TRABALLAR  PARA O DESFILE, UNHA SINXELA COREOGRAFÍA DE MICHAEL JACKSON.

ATREVÉDESVOS A BAILAR CON NÓS "THRILLER"?