Moi boas a todas e todos! Queremos lembrarvos que está aberto o prazo de inscrición no certame de regueifas en vídeo do proxecto Enreguéifate. Como cada ano, hai dúas categorías: a xeral, onde calquera pode participar, e a escolar, na que pode participar alumnado de ensino non universitario (calquera nivel de educación infantil, primaria, secundaria, formación profesional, ensinanzas especiais, artísticas, escolas de música, de danza ou de idiomas). Nesta categoría, as persoas participantes representarán o centro educativo no que estuden, aínda que poden inscribirse co nome da súa aula ou co que decidan adoptar para diferenciárense doutras que participen do mesmo centro. Nesta novena edición, o certame outorgará oito regueipremios por categoría: para recoñecer a regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada, mellor falada, máis inclusiva e máis entroideira –ás portas do Entroido, é o mellor momento para gravala– ;) Os premios entregaranse nunha gala que terá lugar o xoves, 16 de abril, no Teatro Principal de Pontevedra. Dende o Enreguéifate, queremos animarvos a participar. Só tedes que enviar un vídeo (ou máis de un!) de máximo 3 minutos de duración onde aparezan, cando menos, 2 persoas regueifando en galego, con temática libre. Non o deixedes para o derradeiro momento! Podedes consultar as bases completas na nosa páxina web: enregueifate.gal Saúdos! 👋 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario