lunes, 16 de octubre de 2023

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN

 Na noite do 31 de outubro, as portas do Alén abren para que os mortos visiten o mundo dos vivos. Unha tradición que moitos pensan que chegou co Halloween, pero a súa orixe ten máis de 3000 anos, con la celebración del Samaín.

Samaín provén da palabra gaélica ‘Samhain’, que literalmente significa 'fin do verán'. É unha festa na que os pobos celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Unha data que coincidía coa fin da tempada da colleita e daba comezo a un novo ciclo.

Nós ímolo celebrar entre contos, historias,castañas e cantos.

Aquí vos deixo a canción de Paco Nogueiras, No Samaín, desta vez en Lingua de signos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario