martes, 23 de enero de 2024

PRAZOS ENREGUÉIFATE 2024

 AVISO PARA AS/OS INTERESEDAS/OS!!!


Ata o 1 de marzo está aberto o prazo para participar na sétima edición do certame Enreguéifate, que impulsan os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. 
 
Lembrámosvos que, igual que en anos anteriores, tamén nesta edición haberá categoría xeral (aberta a calquera persoa) e categoría escolar (para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios), así que animámosvos a todas e todos a participar!

Como podedes inscribirvos?
- Primeiro de todo, gravade un vídeo no que aparezan, como mínimo, dúas persoas regueifando. Por suposto, en galego, e cunha duración máxima de 3 minutos.

- A continuación, entrade na nosa páxina web, cubride o formulario de inscrición e enviádenos a vosa regueifa! 

Podedes consultar as bases completas desta edición nesta ligazón

Premios 
En cada categoría haberá un total de seis premios: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada. 

A entrega de galardóns terá lugar na mañá do 3 de abril de 2024 no Teatro Principal, en Santiago de Compostela. 

Necesitades inspiración?
Se precisades inspirarvos, tamén podedes botarlles un ollo aos vídeos das anteriores edicións, ou á peza promocional desta sétima edición do Enreguéifate. 

Do que non hai dúbida é de que temos madeira regueifeira! E estamos desexando que a compartades con nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario