lunes, 13 de mayo de 2024

IMOS BAILAR!!!

 POLAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO, VAI VIR O GRUPO PESDELÁN, E CON ELES FAREMOS MOITAS DANZAS RELACIONADAS CO ENTROIDO DE DIFERENTES PARTES DO MUNDO.

TERCEIRO VAI PREPARAR UNHA DANZA CHAMADA "SON DE LOS DIABLOS", DE PERÚ.


miércoles, 8 de mayo de 2024

IMOS BAILAR!!!

POLAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO, VAI VIR O GRUPO PESDELÁN, E CON ELES FAREMOS MOITAS DANZAS RELACIONADAS CO ENTROIDO DE DIFERENTES PARTES DO MUNDO.



"OS FOLIONS", TÍPICOS DO ENTROIDO EN OURENSE, FACILIÑO PARA INF. DE 3 ANOS, AÍNDA QUE HAI QUE MERENDAR BEN PARA AGUANTAR!!!

 "IL BALLO DEI GOBBI", UNHA DANZA DE ENTROIDO ITALIANA, COA QUE GOZAR METÉNDOSE COA XENTE.ESTA ESTÁMOLA  A PREPAR CO ALUMNADO DE 4 ANOS.

"CENTRO CENTRO", ESTE OUTRO DE PORTUGAL, PARA BAILAR POR PARELLAS E EN RODA.

ESTE ESTÁMOLO A PREPARAR COS DE 5 ANOS.


martes, 16 de abril de 2024

Imos bailar!!!

 Ola!!!

Estades preparadas e preparados???

Lembrades que estivemos a facer unhas variñas con cintas de cores?

Pois é o momento de empregalas.

Atención porque se achegan as Letras, e este ano van vir cargadas de danzas.Con cal comezamos?Co "Frevo", un baile brasileiro que se emprega no entroido.

Aquí vos deixo o vídeos de Pesdelán que estamos a traballar, podemos copiar os pasos ou improvisar outros.

Veña a festa!!!


Temos outro para 2º que é "El ciempiés"

A bailar!!!

martes, 23 de enero de 2024

PRAZOS ENREGUÉIFATE 2024

 AVISO PARA AS/OS INTERESEDAS/OS!!!


Ata o 1 de marzo está aberto o prazo para participar na sétima edición do certame Enreguéifate, que impulsan os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. 
 
Lembrámosvos que, igual que en anos anteriores, tamén nesta edición haberá categoría xeral (aberta a calquera persoa) e categoría escolar (para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios), así que animámosvos a todas e todos a participar!

Como podedes inscribirvos?
- Primeiro de todo, gravade un vídeo no que aparezan, como mínimo, dúas persoas regueifando. Por suposto, en galego, e cunha duración máxima de 3 minutos.

- A continuación, entrade na nosa páxina web, cubride o formulario de inscrición e enviádenos a vosa regueifa! 

Podedes consultar as bases completas desta edición nesta ligazón

Premios 
En cada categoría haberá un total de seis premios: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada. 

A entrega de galardóns terá lugar na mañá do 3 de abril de 2024 no Teatro Principal, en Santiago de Compostela. 

Necesitades inspiración?
Se precisades inspirarvos, tamén podedes botarlles un ollo aos vídeos das anteriores edicións, ou á peza promocional desta sétima edición do Enreguéifate. 

Do que non hai dúbida é de que temos madeira regueifeira! E estamos desexando que a compartades con nós!

viernes, 12 de enero de 2024

CANTAMOS POLA PAZ

 ESTAMOS A PUNTO DE CELEBRAR O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, TAN NECESARIA SEMPRE, PERO MÁIS QUE NUNCA NESTES ÚLTIMOS TEMPOS .

ESTE 2024 RECIBIRÉMOLO AO SON DA CANCIÓN NICARAGÜENSE "LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ",LETRA E MÚSICA DE RAFAEL BERMÚDEZ.ANIMÁDEVOS A FACELA  SIGNADA.


lunes, 18 de diciembre de 2023

XA É TEMPO DE NADAL!!!

 XA É TEMPO DE NADAL!!!

TEMPO DE ALEGRÍA E DESCANSO COAS FAMILIAS E AMIZADES.

TEMPO TAMÉN DE LUCES E FESTAS...E ESTA ÚLTIMA É A QUE MÁIS NOS GOSTA.NÓS CELEBRÁMOLO CANTANDO PANXOLIÑAS , AGUINALDOS,XANEIRAS,REIS,...

HAI MOITO TEMPO, AS NOSAS AVOAS E AVÓS, E OS AVÓS DOS NOSOS PAIS E NAIS, CELEBRABAN ESTAS DATAS CON POUCAS COUSAS PERO CON MOITA ALEGRÍA.ÍAN EN BANDOS CANTANDO POLAS PORTAS DAS ALDEAS, PARA DIVERTIRSE E DE PASO ENCHER UN POUCO O BANDULLO CO AGUINALDO QUE LLE DABAN AO REMATAR.

NÓS ESTIVEMOS CANTANDO UNHA CANTIGA DO GRUPO DE MULLERES DE MOS CHAMADO MALVELA : " A CANTIGA DO APALPADOR".


É MOI ANIMADA PARA CANTAR ESTE NADAL CUNHAS CUNCHAS,BOTELLA DE ANÍS,INCLUSO PARA BAILALA A RITMO DE MUIÑEIRA.
BO NADAL A TODAS E TODOS!!!🌲🌲🌲

viernes, 15 de diciembre de 2023

"HELLO,BON JOUR, BOS DÍAS..."

 ENSAIAMOS ESTA CANCIÓN PARA DICIR BOS DÍAS EN DIFERENTES IDIOMAS, E PARA SEGUIR CO PROXECTO DE 1º E INF. DE 4 E 5 ANOS.

NA CLASE DE MÚSICA ACOMPAÑÁMOLA CON XESTOS.

ANIMÁDEVOS A ENSINARLLA ÁS VOSAS FAMILIAS!!!