TEMPO DE ALEGRÍA E DESCANSO COAS FAMILIAS E AMIZADES.
TEMPO TAMÉN DE LUCES E FESTAS...E ESTA ÚLTIMA É A QUE MÁIS NOS GOSTA.NÓS CELEBRÁMOLO CANTANDO PANXOLIÑAS , AGUINALDOS,XANEIRAS,REIS,...
HAI MOITO TEMPO, AS NOSAS AVOAS E AVÓS, E OS AVÓS DOS NOSOS PAIS E NAIS, CELEBRABAN ESTAS DATAS CON POUCAS COUSAS PERO CON MOITA ALEGRÍA.ÍAN EN BANDOS CANTANDO POLAS PORTAS DAS ALDEAS, PARA DIVERTIRSE E DE PASO ENCHER UN POUCO O BANDULLO CO AGUINALDO QUE LLE DABAN AO REMATAR.
NÓS ESTIVEMOS CANTANDO UNHA CANTIGA DO GRUPO DE MULLERES DE MOS CHAMADO MALVELA : " A CANTIGA DO APALPADOR".
É MOI ANIMADA PARA CANTAR ESTE NADAL CUNHAS CUNCHAS,BOTELLA DE ANÍS,INCLUSO PARA BAILALA A RITMO DE MUIÑEIRA.
Na noite do 31 de outubro,as portas do Alén abren para que os mortos visiten o mundo dos vivos. Unha tradición que moitos pensan que chegou co Halloween, pero a súa orixe ten máis de 3000 anos, con la celebración del Samaín.
Samaín provén da palabra gaélica ‘Samhain’, que literalmente significa 'fin do verán'. É unha festa na que os pobos celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Unha data que coincidía coa fin da tempada da colleita e daba comezo a un novo ciclo.
Nós ímolo celebrar entre contos, historias,castañas e cantos.
Aquí vos deixo a canción de Paco Nogueiras, No Samaín, desta vez en Lingua de signos.
BOAS A TODAS E TODOS!!!AGARDO QUE TIVERADES UN BO COMEZO DE CURSO.
POUQUIÑO A POUCO IREMOS ACTUALIZANDO COUSIÑAS POLO BLOG DE MÚSICA, PERO HOXE QUERO PRESENTARVOS UNHA NOVA CANCIÓN COA QUE ABRIREMOS TÓDALAS NOSAS SESIÓNS DE MÚSICA: "BUENOS DÍAS".
CON ELA IRÉMONOS ACHEGANDO AO MUNDO DA LINGUA DE SIGNOS, PASENIÑO, PASENIÑO, PERO SEN PAUSA.