martes, 21 de diciembre de 2021

FIN DO 1º TRIMESTRE!!!

 E CHEGOU A FIN  DO 1º TRIMESTRE, SEN CHOCOLATADA (PERO SI, MERENDAS DE NADAL) E SEN DEMASIADAS APERTAS, PERO CON MOITA MÚSICA E MOITO BAILE.

"ANINOVO CON BEN VEÑAS!!!"

FELICES FESTAS!!!










martes, 30 de noviembre de 2021

NOVA FORNADA DE REGUEIFAS

 Continuamos un curso máis formándonos na técnica do REPENTE galego, concretramente na arte das REGUEIFAS, e desta vez de man de dous mestres coma son Pinto de Herbón e Luis Caruncho.

Pasámolo fenomenal as dúas mañás da pasada semana!!!

Creamos moitas coplas (CUARTETAS OCTOSILÁBICAS, CON RIMA ASOANTE OU CONSOANTE NOS PARES),  e traballamos moitos recursos (RECURSO DA RIMA,XOGO DE PALABRAS, VERSO DE ARRANQUE,COPLA DE PÉ FORZADO, LEIXAPRÉN,...) cos que descubrimos que non se nos dá tan mal.

Paseniño, paseniño , imos andando o camiño da Regueifa...Prestounos moito...

En breves ,pasaremos a limpo as nosas creacións e colgarémolas por aquí.



lunes, 29 de noviembre de 2021

EXERCICIOS DE PRELECTURA RÍTMICA

 IMOS PRACTICAR UN POUQUIÑO DE RITMO.

LEMBRADES O RITMO DE SOL E LÚA???POIS, ÁNIMO, A PRACTICAR!!!


viernes, 22 de octubre de 2021

CHEGA O SAMAÍN!!!

 Como xa sabedes, estamos preparando o Samaín, que é unha celebración de orixen celta que o cristianismo reconvertíu no Día de Tódolos Santos.

Esta festa levaba unas décadas esquecida pero nos últimos anos estase a recuperar gracias ao traballo realizado en escolas e concellos de Galicia.  

noite do 31 de outubro  dá comezo o Ano novo celta, remata  o verán e entra o inverno . Segundo esta creenza, nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. Recordas ou coñeces a película de Coco???Pois moi parecido é o rito celta do Samaín.

Nós imos celebralo con moita música , e moita maxia!!!


Pinchade nestas músicas e a gozar!!!







lunes, 13 de septiembre de 2021

Novo curso 2021-2022

Comezamos un novo curso, con ganiñas de facer moita música.

Novidades:

-Voltamos á aula de Música, coa cara pintada(gracias Paco!!!)

-Retomaremos algunhas das actividades que deixaramos aparcadas por mor da Covid( pasiño a pasiño).

-Faremos outras novas...

-Temos ganas de concertos ao vivo!!!

Mentras, déixovos un tema dun dos concertos ao que asistín este verán,  para ir abrindo boca ... 

E vós, que escoitáchedes???



lunes, 3 de mayo de 2021

EXERCICIOS E PEZAS PARA FRAUTA

 NESTA ENTRADA IREMOS COLGANDO ALGÚNS VÍDEOS E /OU PARTITURAS PARA QUE ENSAIEDES NA CASA.

LOGO MANDAREDES UN VÍDEO AO CORREO DO BLOG ( musicavilaverde@gmail.com )/ AO EDIXGAL COA VOSA INTERPRETACIÓN.

VÍDEO 3: ABRIL 2021

"TITANIC"

Este tutorial vai bastante lentiño, para que o vexades ben e o practiquedes tranquilamente.Simplifícase un pouco, porque repite a primeira parte da mesma maneira,  tanto a 1ª como a  2ª vez, e a segunda parte rematádea como na partitura (FA redonda-4 pulsos).






VÍDEO 2: XANEIRO 2021

YELLOW SUBMARINE (Neste tutorial aparece unha pequena variación na parte B,  respecto á partitura dada en aula.)

VÍDEO 1: NOVEMBRO 2020

🎼🎶🎶🎶


TALLER ECO PERCUSIÓN

 A SEMANA PASADA ,5º E 6º TIVEMOS UN TALLER DE PERCUSIÓN CON OBXECTOS RECICLADOS.

PASÁMOLO MOI BEN E FOMOS QUEN DE MONTAR UN EXERCICIO "DE CABO A RABO"!!!

DEIXAMOS AQUÍ UNHA MOSTRA DO MESMO, ASÍ COMA A TRANSCRIPCIÓN DO EXERCICIO.