XA TEMOS MÁIS QUE ASIMILADAS AS FIGURAS NEGRAS ( TA ) E CORCHEAS ( TI-TI ), ASÍ QUE AQUÍ VOS DEIXO O SEGUINTE EXERCICIO PARA PRACTICAR NESTA FIN DE SEMANA.
LEMBRÁDEMOS DOS SILENCIOS, TAN IMPORTANTES NA MÚSICA!
POLAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO, VAI VIR O GRUPO PESDELÁN, E CON ELES FAREMOS MOITAS DANZAS RELACIONADAS CO ENTROIDO DE DIFERENTES PARTES DO MUNDO. PARA 5º, VAI A "CARBALLESA"!!!
Lembrades que estivemos a facer unhas variñas con cintas de cores?
Pois é o momento de empregalas.
Atención porque se achegan as Letras, e este ano van vir cargadas de danzas.Con cal comezamos?Co "Frevo", un baile brasileiro que se emprega no entroido.
Aquí vos deixo o vídeos de Pesdelán que estamos a traballar, podemos copiar os pasos ou improvisar outros.
Ata o 1 de marzo está aberto o prazo para participar na sétima edición do certame Enreguéifate, que impulsan os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo.
Lembrámosvos que, igual que en anos anteriores, tamén nesta edición haberá categoría xeral (aberta a calquera persoa) e categoría escolar (para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios), así que animámosvos a todas e todos a participar!
Como podedes inscribirvos?
- Primeiro de todo, gravade un vídeo no que aparezan, como mínimo, dúas persoas regueifando. Por suposto, en galego, e cunha duración máxima de 3 minutos.
- A continuación, entrade na nosa páxina web, cubride o formulario de inscrición e enviádenos a vosa regueifa!
Podedes consultar as bases completas desta ediciónnesta ligazón.
Premios
En cada categoría haberá un total de seis premios: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada.
A entrega de galardóns terá lugar na mañá do 3 de abril de 2024 no Teatro Principal, en Santiago de Compostela.