viernes, 30 de enero de 2026

RITMOGRAMA: NEGRAS(TA) E DOBRE CORCHEA(TI-TI)

 SEGUIMOS A TRABALLAR O RITMO DE NEGRA (TA) E DE DOBRE CORCHEA (TI-TI), E DESTA VEZ AO COMPÁS DA BANDA SONORA DO "REI LEÓN".

PRIMEIRO FARÉMOLO CO CORPO (PALMAS, PERNAS) E LOGO CUN INSTRUMENTO DE PEQUENA PERCUSIÓN.

IMOS ALÁ!!!


BAILAMOS?

 Preparando o entroido, aos de 6º tócanos a temática musical do CHARLESTON

Aquí vos deixo uns pasos básicos para montar unha sinxela coreografía.







martes, 20 de enero de 2026

EXERCICIOS E PARTITURAS DE FRAUTA 6º 25-26

XANEIRO 2026, TEMA: A SAIA DE CAROLINA



OUTUBRO 2025, TEMA: NUN MERCADO PERSA





TEMA 2 (XANEIRO 24): YELLOW SUBMARINE

Seguimos cos exercicios e partitras de frauta.

Desta vez  imos cun coñecido tema do grupo The Beatles.

traballaremos unha nova nota "MI ´ " (mi agudo), que executaremos coa posición do mi grave, destapando o burato datrás , parcial ou totalmente.

 (Neste tutorial aparece unha pequena variación na parte B,  respecto á partitura dada en aula.)


TEMA 2 (XANEIRO 23): LUNA ANDALUZA

 Aquí vos deixo un pequeno vídeo coa execución do tema "Luna andaluza" de Montse Sanuy, que estamos a preparar no comezo deste 2º trimestre.

Ánimo, é moi sinxelo!!!





TEMA 3 (MAIO): EL CAMELLO BACTRIANO

Este último tema pertence a unha das composicións de Susa Herrera dun dos seus libros CD adicados a CABÁRCENO.

Introducimos como novidade a nota "SI bemol".







viernes, 16 de enero de 2026

VEN COMIGO!!!



 "VEN COMIGO,VEN...",UN CANTO Á INTEGRACIÓN ,Á AMIZADE, DENTRO DO TRABALLO AIRE DO GRUPO MUSICAL MARÍA FUMAÇA, A  LOCOMOTORA DA ALEGRÍA.

NESTE TRABALLO HAI UN MUNDO CHEO DE CANCIÓNS,IMAXINACIÓN, UN MUNDO DE DIFERENZAS, PERO POR RIBA DE TODO RESPIRAMOS O MESMO AIRE.

É POR ISO, QUE ESTE VAI SER O TEMA ELEXIDO PARA REPRESENTAR NO DÍA DA PAZ DESTE ANO NO CEIP VILAVERDE.



Aquí temos a canción  interpretada en Lingua de signos por Carolina: