"A SEMANIÑA PASADA
ESTIVEMOS REGUEIFANDO,
VIÑERON LUPE E JOSIÑO.
QUE BEN O ESTAMOS PASANDO!!!
QUEN BEN O ESTAMOS PASANDO,
COAS COPLAS, VERSOS E RIMAS,
SE TI QUERES VIR GOZAR,
LÁNZATE, VEN E IMPROVISA!!!
AGORA TOCA O TRABALLO,
QUE DEBEDES PRESENTAR,
UN RESUMO DO APRENDIDO
DA IMPROVISACIÓN ORAL."
Xa sabedes, debedes entregar un traballo resumo da " Improvisación oral en Galicia e polo mundo. "
Aquí vos deixo un enlace e un código QR onde podedes revisar e informarvos ,para completar o voso traballo.
E xa sabedes, "TEMOS MADEIRA REGUEIFEIRA!!!"