POR ESTAS DATAS, NA NOSA TERRA, TRADICIONALMENTE CANTÁBANSE OS REIS:
AQUÍ VÍMOLOS REISES
DISPOSTOS ÀRA CANTAR
SE VOSTEDES DAN LICENZA
PODEREMOS COMEZAR...
NON PEDIMOS POLO MOITO
NIN TAMPOUCO POLO POUCO
PEDIMOS POR UN TOUCIÑO
E MAILA METADE DOUTRO.
ESTE É UN DÍA DE FESTA
FESTA DE MOITA ALEGRÍA
RECIBIMOS AGASALLOS
E XOGAMOS TODO O DÍA.
Á PORTA DESTES SEÑORES
XA CANTAMOS UN CANTARCIÑO
ESTÁ O VIÑO NA BODEGA?
CANTÁMOSLLE MOI BONITIÑO.
QUÉDENSE CON BEN SEÑORES
ATA O ANO QUE VOLVAMOS
QUE TRAIAN MOITOS AGASALLOS
É O QUE LLES DESEXAMOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario