domingo, 31 de enero de 2016

BAILE DA PAZ

BAILAMOS NO PATIO, O 29 DE XANEIRO A CANCIÓN "BAILE DA PAZ" DE MAMÁ CABRA.
SAIUNOS TAN BEN QUE O REPETIMOS VARIAS VECES.

viernes, 15 de enero de 2016

FOMOS AO PAZO

NO PAZO DA CULTURA COÑECEMOS E ENTREVISTAMOS A KARYNA GOMES, UNHA DAS PARTICIPANTES NA XII EDICIÓN DE CANTOS NA MARÉ.
TIVEMOS O GUSTO DE ESCOITAR UN CACHIÑO DOS ENSAIOS.
FOI MOI INTERESANTE!


martes, 12 de enero de 2016

O ALUMNADO DE 6º CON KARYNA GOMES

 ESTE VENRES 15 DE XANEIRO, O ALUMNADO DE SEXTO TEREMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECER  Á ARTISTA GUINEANA  KARYNA GOMES,  UNHA DAS INVITADAS NESTA NOVA EDICIÓN DO ESPECTÁCULO "CANTOS NA MARÉ".


Karyna Gomes apresenta “Amor Livre” o 1º single de avanço de “Mindjer”, o álbum de estreia

viernes, 8 de enero de 2016

CANTAR E BAILAR POLA PAZ


APRENDEDE CONNOSCO ESTAS CANCIÓNS, PARA CANTALAS E BAILALAS E ASÍ LEMBRAR RESPECTAR A TODAS AS PERSOAS E Á DIVERSIDADE.


BAILE DA PAZ

ESTA É A DANZA
DA ESPERANZA,
DANZA CAPAZ
DE SEMENTAR PAZ.

OMBRO CON OMBRO
PÓDESE TODO.

DÁ UN TACONAZO.
LEVANTA O BRAZO
E CON DONAIRE
DÁLLE AO CÚ AIRE.

COLLE A ORELLA
DA TÚA PARELLA.
FAILLE CÓXEGAS.
PONTE EN CREQUENAS.

ESTA É A DANZA
DA ESPERANZA,
DANZA CAPAZ
DE SEMENTAR PAZ.

AGORA DÁ UN BRINCO,
OU MELLOR CINCO!,
E TRES PALMADAS
CON GARGALLADAS.

LOGO AO COMPÁS
ANDA CARA ATRÁS.
E CARA ADIANTE,
COMA UN XIGANTE.

PINTA UN MOMENTO
PAZ NO VENTO.
GRITA UN SEGUNDO:
"PAZ NO MUNDO"



PALABRAS MÁXICAS
A LINGUA FÓRA E DENTRO
MENTRES O NARIZ APERTO.
PRONUNCIO UN FEITIZO EN ALTO
E DOU DÚAS VOLTAS E UN SALTO.

SISCUERRANI BONI TUNDO
QUE HAXA PAZ EN TODO O MUNDO
E QUE NON QUEDE UNHA GUERRA
SOBRE A FACE DA TERRA.

CUASIRROSA LATA SERSO.
QUE POR TODO O UNIVERSO,
AS ARMAS SE VOLVAN FLORES
DE LUMINOSAS COLORES.

A LINGUA FÓRA E DENTRO
MENTRES O NARIZ APERTO.
PRONUNCIO UN FEITIZO EN ALTO
E DOU DÚAS VOLTAS E UN SALTO.

COQUI CHILI TILITÓN.
QUE A XENTE DIFERENTE,
CON RESPECTO E COMPRENSIÓN 
SE LEVE ESTUPENDAMENTE.

TITOLIRO FAGUI SETA.
QUE AO MENEAR A VARA
CADA PERSOA DO PLANETA
TEÑA CANTO PRECISAR...