martes, 21 de abril de 2020

REGUEIFAS PARA 5º E 6º

Para animar a nenas e nenos e persoas adultas podemos facer REGUEIFAS.

Tiñamos previsto neste trimestre ter para vós, o alumnado maior do cole, unha formación no cole sobre Regueifas. Non é posible no cole, pero podemos facelas igual  e CREAR ALGUNHAS, animádesvos?
VEXAMOS...

 REGUEIFA é  unha improvisación oral cantada en forma de diálogo. Están relacionadas nas súas orixes directamente cos casamentos.  Ademais das regueifas, en Galiza hai máis formas de improvisación oral relacionadas cos casamentos como o Brindo, as Loias, as Cencerradas... segundo a zona xeográfica nas que se realicen. E tamén hai outras formas improvisadas que se empregaban no Entroido como as Bombas ou os Atranques do Ulla...

Imos centrarnos na regueifa cantada, así poderemos regueifar.
Características das regueifas:
Ingredientes: 
- catro versos octosilábicos que riman os pares, quedando libres os impares (a rima pode ser asonante pero preferiblemente consonante),
 - dúas persoas mínimo, que cantan, a capela nas súas orixes e nos últimos tempos con acompañamento instrumental,
- unha controversia e, 
- a poder ser, un público empático e agradecido.
Mecánica: Tradicionalmente comezaban cun breve saúdo ao público, unha presentación e comezaban o desafío dialéctico por quendas até que unha das dúas persoas que regueifasen quedase sen argumentos ou folgos.

Pois ben, aí van as "normas" de composición:
 - O idioma empregado ten que ser o galego. 
- A temática é libre. 
- En cada vídeo deben aparecer, cando menos,dúas persoas. 
- A duración máxima das pezas será de 3 minutos. 
- Non se poderán transmitir imaxes ou mensaxes violentas, ofensivas e/ou discriminatorias. 
Exemplos de regueifa

*LUPE BLANCO e ALBA MARÍA regueifando 


*PINTO DE HERBÓN e O CARUNCHO 


TAMÉN TENDES OUTRO EXEMPLO AQUÍ  E OUTRO MÁIS  AQUÍ



Se queredes podedes facelas en parellas. Subide o resultado á aula virtual.


2 comentarios:

  1. Animádevos!!!É moi divertido!!!
    En breves cólgovos outro vídeo a modo de exempro.

    ResponderEliminar
  2. Pero a que correo hai que envialo, aula virtual.... que e aula virtual

    ResponderEliminar