martes, 23 de enero de 2024

PRAZOS ENREGUÉIFATE 2024

 AVISO PARA AS/OS INTERESEDAS/OS!!!


Ata o 1 de marzo está aberto o prazo para participar na sétima edición do certame Enreguéifate, que impulsan os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. 
 
Lembrámosvos que, igual que en anos anteriores, tamén nesta edición haberá categoría xeral (aberta a calquera persoa) e categoría escolar (para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios), así que animámosvos a todas e todos a participar!

Como podedes inscribirvos?
- Primeiro de todo, gravade un vídeo no que aparezan, como mínimo, dúas persoas regueifando. Por suposto, en galego, e cunha duración máxima de 3 minutos.

- A continuación, entrade na nosa páxina web, cubride o formulario de inscrición e enviádenos a vosa regueifa! 

Podedes consultar as bases completas desta edición nesta ligazón

Premios 
En cada categoría haberá un total de seis premios: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada. 

A entrega de galardóns terá lugar na mañá do 3 de abril de 2024 no Teatro Principal, en Santiago de Compostela. 

Necesitades inspiración?
Se precisades inspirarvos, tamén podedes botarlles un ollo aos vídeos das anteriores edicións, ou á peza promocional desta sétima edición do Enreguéifate. 

Do que non hai dúbida é de que temos madeira regueifeira! E estamos desexando que a compartades con nós!

lunes, 22 de enero de 2024

FRAUTA 5º

1."ESTANDO COSENDO"(Galinova):

Neste novo tema traballamos a escala de DO(de DO ´ a   DO).Aquí vos deixo o vídeo e a partitura para que poidades ensaiar.






1."LA PIEDRA" popular de España (Cataluña). Nesta segunda peza do curso 22-23 introducimos as notas MI  e FA. AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO E A PARTITURA PARA QUE A PRACTIQUEDES.






3.PEZA: PATÍN , PATÁN, Pop. de Francia.

Ésta é a última peza do trimestre, unha sinxela melodía popular francesa, onde introducimos a nota FA.

Lembrade levantar o dedo mainiño da man dereita, no cambio a FA!


https://drive.google.com/file/d/10j76Rl9jD1STjrfFnCwfw0TeZiRM9-lE/view?usp=sharing


2.PEZA:  O GHAI GHAI!

Continuamos coas pezas instrumentais. Desta vez vai o tema popular "O Ghai Ghai!", que vai introducir a nota DO ´ ( Do agudo). Son só 4 notas : SOL, LA , SI e DO´.




1.-PEZA: O BURRIÑO

 Presentamos o primeiro tema de frauta para este curso.

Titúlase "O burriño", e nesta peza  empregaremos as notas SOL, LA e SI.

Podedes empezar practicando a esa velocidade, e cando a teñades, probar a subirlle un pouco.

Ánimo rapazada!!!





EXERCICIOS E PARTITURAS DE FRAUTA 6º 21-24

TEMA 2 (XANEIRO 24): YELLOW SUBMARINE

Seguimos cos exercicios e partitras de frauta.

Desta vez  imos cun coñecido tema do grupo The Beatles.

traballaremos unha nova nota "MI ´ " (mi agudo), que executaremos coa posición do mi grave, destapando o burato datrás , parcial ou totalmente.

 (Neste tutorial aparece unha pequena variación na parte B,  respecto á partitura dada en aula.)


TEMA 2 (XANEIRO 23): LUNA ANDALUZA

 Aquí vos deixo un pequeno vídeo coa execución do tema "Luna andaluza" de Montse Sanuy, que estamos a preparar no comezo deste 2º trimestre.

Ánimo, é moi sinxelo!!!





TEMA 3 (MAIO): EL CAMELLO BACTRIANO

Este último tema pertence a unha das composicións de Susa Herrera dun dos seus libros CD adicados a CABÁRCENO.

Introducimos como novidade a nota "SI bemol".







viernes, 12 de enero de 2024

CANTAMOS POLA PAZ

 ESTAMOS A PUNTO DE CELEBRAR O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, TAN NECESARIA SEMPRE, PERO MÁIS QUE NUNCA NESTES ÚLTIMOS TEMPOS .

ESTE 2024 RECIBIRÉMOLO AO SON DA CANCIÓN NICARAGÜENSE "LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ",LETRA E MÚSICA DE RAFAEL BERMÚDEZ.ANIMÁDEVOS A FACELA  SIGNADA.


lunes, 18 de diciembre de 2023

XA É TEMPO DE NADAL!!!

 XA É TEMPO DE NADAL!!!

TEMPO DE ALEGRÍA E DESCANSO COAS FAMILIAS E AMIZADES.

TEMPO TAMÉN DE LUCES E FESTAS...E ESTA ÚLTIMA É A QUE MÁIS NOS GOSTA.NÓS CELEBRÁMOLO CANTANDO PANXOLIÑAS , AGUINALDOS,XANEIRAS,REIS,...

HAI MOITO TEMPO, AS NOSAS AVOAS E AVÓS, E OS AVÓS DOS NOSOS PAIS E NAIS, CELEBRABAN ESTAS DATAS CON POUCAS COUSAS PERO CON MOITA ALEGRÍA.ÍAN EN BANDOS CANTANDO POLAS PORTAS DAS ALDEAS, PARA DIVERTIRSE E DE PASO ENCHER UN POUCO O BANDULLO CO AGUINALDO QUE LLE DABAN AO REMATAR.

NÓS ESTIVEMOS CANTANDO UNHA CANTIGA DO GRUPO DE MULLERES DE MOS CHAMADO MALVELA : " A CANTIGA DO APALPADOR".


É MOI ANIMADA PARA CANTAR ESTE NADAL CUNHAS CUNCHAS,BOTELLA DE ANÍS,INCLUSO PARA BAILALA A RITMO DE MUIÑEIRA.
BO NADAL A TODAS E TODOS!!!🌲🌲🌲

viernes, 15 de diciembre de 2023

"HELLO,BON JOUR, BOS DÍAS..."

 ENSAIAMOS ESTA CANCIÓN PARA DICIR BOS DÍAS EN DIFERENTES IDIOMAS, E PARA SEGUIR CO PROXECTO DE 1º E INF. DE 4 E 5 ANOS.

NA CLASE DE MÚSICA ACOMPAÑÁMOLA CON XESTOS.

ANIMÁDEVOS A ENSINARLLA ÁS VOSAS FAMILIAS!!!


viernes, 17 de noviembre de 2023

A REGUEIFA

 "A SEMANIÑA PASADA

ESTIVEMOS REGUEIFANDO,

VIÑERON LUPE E JOSIÑO.

QUE BEN O ESTAMOS PASANDO!!!

                                                                              

QUEN BEN O ESTAMOS PASANDO,

COAS COPLAS, VERSOS E RIMAS,

SE TI QUERES VIR GOZAR,

LÁNZATE, VEN E IMPROVISA!!!

                                               

AGORA TOCA O TRABALLO,

QUE DEBEDES PRESENTAR,

UN RESUMO DO APRENDIDO

DA IMPROVISACIÓN ORAL."




Xa sabedes, debedes entregar un traballo resumo da " Improvisación oral en Galicia e polo mundo. "

Aquí vos deixo un enlace  e un código QR onde podedes revisar e informarvos ,para completar o voso traballo.

E xa sabedes, "TEMOS MADEIRA REGUEIFEIRA!!!"