miércoles, 29 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA



O 29 DE ABRIL FOI O DÍA ESTABLECIDO POLA UNESCO EN 1982, PARA FOMENTAR A PARTICIPACIÓN E EDUCACIÓN DA DANZA A TRAVÉS DE DIVERSOS EVENTOS.
SABERÍAS DICIR POR QUE ESTE DÍA?INDAGA UN POUQUIÑO.

E AGORA , BAILA!!!


HAI UNS ENIGMAS SOBRE O BAILE QUE PODES RESOLVER. PREME AQUÍ PARA VELOS.

E SE CHE APETECE UNHA SESIÓN DE BAILE CON PESDELÁN  ÁS 12:00h,..FAI CLIC AQUÍ 




ASÍ O CELEBRAMOS NÓS...









lunes, 27 de abril de 2020

TARANTELLA

ESTA SEMANA, OS GRUPOS DE 2º ESTADES  A TRABALLAR O VOLCÁN ETNA.
PARA ENLAZAR CO MESMO TEMA , PROPÓÑOVOS UNS PASIÑOS DA DANZA TÍPICA A TARANTELLA.
A NIMÁDEVOS A FACELA.


ALGÚNS ATREVÉRONSE COA TARANTELA...




viernes, 24 de abril de 2020

FACENDO MÚSICA CUN INSTRUMENTO SINXELIÑO

ABRAHAM CUPEIRO AXÚDANOS A FACER MÚSICA CREANDO FRAUTAS SINXELAS.
QUEN SE ATREVE A FACER UNHA?



XA CHEGARON ALGUNHAS ELABORACIÓNS...













jueves, 23 de abril de 2020

O DÍA DO LIBRO CANTANDO

CANTA CONNOSCO ESTA CANCIÓN DE PACO NOGUEIRA E OBSERVA TODO O QUE OCORRE CANDO LES UN LIBRO:

martes, 21 de abril de 2020

REGUEIFAS PARA 5º E 6º

Para animar a nenas e nenos e persoas adultas podemos facer REGUEIFAS.

Tiñamos previsto neste trimestre ter para vós, o alumnado maior do cole, unha formación no cole sobre Regueifas. Non é posible no cole, pero podemos facelas igual  e CREAR ALGUNHAS, animádesvos?
VEXAMOS...

 REGUEIFA é  unha improvisación oral cantada en forma de diálogo. Están relacionadas nas súas orixes directamente cos casamentos.  Ademais das regueifas, en Galiza hai máis formas de improvisación oral relacionadas cos casamentos como o Brindo, as Loias, as Cencerradas... segundo a zona xeográfica nas que se realicen. E tamén hai outras formas improvisadas que se empregaban no Entroido como as Bombas ou os Atranques do Ulla...

Imos centrarnos na regueifa cantada, así poderemos regueifar.
Características das regueifas:
Ingredientes: 
- catro versos octosilábicos que riman os pares, quedando libres os impares (a rima pode ser asonante pero preferiblemente consonante),
 - dúas persoas mínimo, que cantan, a capela nas súas orixes e nos últimos tempos con acompañamento instrumental,
- unha controversia e, 
- a poder ser, un público empático e agradecido.
Mecánica: Tradicionalmente comezaban cun breve saúdo ao público, unha presentación e comezaban o desafío dialéctico por quendas até que unha das dúas persoas que regueifasen quedase sen argumentos ou folgos.

Pois ben, aí van as "normas" de composición:
 - O idioma empregado ten que ser o galego. 
- A temática é libre. 
- En cada vídeo deben aparecer, cando menos,dúas persoas. 
- A duración máxima das pezas será de 3 minutos. 
- Non se poderán transmitir imaxes ou mensaxes violentas, ofensivas e/ou discriminatorias. 
Exemplos de regueifa

*LUPE BLANCO e ALBA MARÍA regueifando 


*PINTO DE HERBÓN e O CARUNCHO 


TAMÉN TENDES OUTRO EXEMPLO AQUÍ  E OUTRO MÁIS  AQUÍ



Se queredes podedes facelas en parellas. Subide o resultado á aula virtual.


domingo, 19 de abril de 2020

CONCERTOS DE "MAMÁ CABRA" E "MARÍA FUMAÇA"

SE VOS APETECE ASISTIR A UN CONCERTO POLA RADIO... DÉIXOVOS ESTE ENLACE ONDE PODEREDES INFORMARVOS DEL.
É UN CONCERTO DOS GRUPOS MUSICAIS MARÍA FUMAÇA e MAMÁ CABRA.


María Fumaça - Inicio | FacebookPeixes, moluscos e crustáceos" de MAMÁ CABRA en MÚSICA cancións en ...

martes, 14 de abril de 2020

XOGO DE RITMOS

Xa estamos de volta de novo.
Esta semana quería proporvos máis actividades musicales que vos axuden a vivir a música de diversos xeitos.
Desta vez amósovos un xogo con ritmos titulado "Palos y claves" no que poderedes cambiar movemento e rítmica de dúas frases en 2 voces diferentes.
Animade a toda a familia

jueves, 2 de abril de 2020

ESCOITANDO A BEETHOVEN DE XEITO DIFERENTE


 PARA ESCOITAR MÚSICA E GOZALA DUNHA MANEIRA DIFERENTE, AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA DAS "LINE RIDERS" FEITA POR ARGLIN/AARON HUANG PARA A 5ª SINFONÍA DE BEETHOVEN. 
PREMEDE NO ENDEREZO.
ATA PRONTO!!!

https://youtu.be/fCFCj6sD9Ik