COMO ESTA É A SEMANA DE ROSALÍA, TRABALLAREMOS O POEMA "EU BEN VIN ESTAR AO MOUCHO", A TRAVÉS DA CANCIÓN MUSICADA POR MIGALLAS QUE APARECE NO VÍDEO ANTERIOR E TAMÉN NO SEGUINTE LIVEWORKSHEET( APARECEN OUTROS DOUS POEMAS MÁIS).
Continuando coas enquisas que fixerades no 1º trimestre, agora toca o momento de coñecer a algunhas músicas e músicos galegas/os, que están a traballar dentro e fóra do país, levando por bandeira a lingua galega.
Ao longo deste segundo trimestre afondaremos sobre algúns, investigando sobre a súa vida e traballos.
Para comezar, partimos da entrevista realizada a AIDA TARRÍO, unha das compoñentes do grupo TANXUGUEIRAS, tan latente e tan de actualidade polo Benidorm fest 2022.
Lembrade seguir indagando!!!
Se vos apetece practicar o ritmo de "panaderas" que estivemos a traballar, aquí vos deixo unhas mostras .
Para recordar e recoñecer instrumentos musicais da orquestra ( coas tres familias de instrumentos traballadas ), estamos a traballar o conto PEDRO E O LOBO, na versión que fixera Disney.
Hai unha versión en curta, máis moderna. Aquí vola deixo tamén.