jueves, 17 de diciembre de 2020

O APALPADOR , A GRAMOLA GOMINOLA

 Bo día e bo Nadal!!!

 A Gramola Gominola (grupo de música) quérenos agasallar co novo traballo musical sobre O APALPADOR.
Aquí deixamos o vídeoclip e os enlaces para dous descargables : a ilustración do Apalpador e a letra da canción.
Agardamos que vos guste moito, isto é un agasallo, unha invitación a bailar, a cantar, a colorear a ilustración e a coñecer un pouco máis e desfrutar do noso Apalpador.

Apertas da Gramola Gominola!!!

ENLACE PARA VER O VIDEOCLIP:

ENLACE PARA ESCOITAR A MÚSICA:

ENLACE PARA DESCARGAR O DEBUXO E A LETRA:

sábado, 12 de diciembre de 2020

JERUSALEMA

 Pero,aínda non o  bailáchedes???



JERUSALEMA é un dos temas máis sonados e bailados neste ano tan especial,é un canto de esperanza que nos dá forzas e nos anima a seguir cara adiante.

Hoxe propoñémosvos que a vaidades practicando na casa coas familias, e logo no cole continuaremos ensaiándoa,para despedir este primeiro trimestre con alegría.

Chocolatada non teremos,pero a festa non vai  faltar!!! 

Aquí vos deixamos o tema de Máster KG e Nomcebo Zikode.





martes, 1 de diciembre de 2020

MANOLO CAVERNARIO

 EN INF. 5 ANOS ESTADES A TRABALLAR A PREHISTORIA, COS SEUS MAMUTS, HOMES E MULLERES CAVERNARIOS, O LUME,AS PINTURAS RUPESTRES,...

POIS BEN, EN MÚSICA TAMÉN APORTAMOS UNHA PARTE A ESTA TEMÁTICA, DA MAN DE  PACO PAKOLAS  CO SEU NOVO LIBRO-CD RAMONA ÓRBITA, CO TEMA MANOLO CAVERNARIO.