viernes, 29 de mayo de 2020

miércoles, 20 de mayo de 2020

ÚLTIMO AVISO PARA PARTICIPAR NO "ENREGUÉIFATE 2020"

 A concelleira de Educación anima a participar no certame ...
O 29 de maio pecha o prazo para participar no Enreguéifate 2020
Malia a estado de alarma, o Enreguéifate botou a andar este ano para animar a pequenos/as e maiores a pasar o tempo agudizando o enxeño a través da arte da regueifa. 
Enreguéifate é un proxecto de normalización lingüística impulsado polos concellos de Pontevedra, Ames, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar. Por iso, inclúe accións formativas, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

O concurso consta de dúas categorías:

Xeral, na que pode participar calquera persoa. 
Escolar, na que pode participar alumnado de ensino non universitario (calquera nivel de educación infantil, primaria, secundaria, formación profesional, ensinanzas especiais, artísticas, escolas de música, de danza ou de idiomas). Nesta categoría, as persoas participantes representarán o centro eucativo no que estuden, aínda que poden inscribirse co nome da súa aula ou co que decidan adoptar para diferenciárense doutras que participen do mesmo centro. 


O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de maio. Toda a información, así como a formulario para inscribirse, está na web: www.enregueifate.gal



lunes, 18 de mayo de 2020

BAILANDO 5º

COMO SEI QUE ESTADES A TRABALLAR O SISTEMA LOCOMOTOR, PROPÓÑOVOS UN TEMA DOS ANOS 80 CHAMADO "BAILANDO" DE ALASKA. A VER SE SODES QUEN DE SEGUIR A MÚSICA E MOVER AS PARTES DO CORPO QUE SE  VOS INDICA..., OU INCLUSO MONTAR UNHA COREOGRAFÍA FINAL DE CURSO...DESFRUTÁDEA!!!











TELEFOLIADAS 6º



A SITUACIÓN ACTUAL FIXO QUE TÓDOLOS SECTORES, TIVESEN QUE ADAPTARSE E REINVENTARSE.O SECTOR CULTURAL NON QUEDOU ATRÁS.AQUÍ VOS POÑO UN EXEMPLO DO FENÓMENO "TELEFOLIADAS".

BUSCADE E ANALIZADE OUTRAS, NAS REDES, COMENTADE E DADE A VOSA OPINIÓN SOBRE ELAS, SON NECESARIAS?

QUE APORTAN?

IMAXINARIADES UN FUTURO NO QUE SÓ PUIDESEMOS DESFRUTAR DA MÚSICA DESTA MANEIRA?

viernes, 15 de mayo de 2020

ESCOITAMOS, CANTAMOS E BAILAMOS O 17 DE MAIO


AQUÍ TEMOS UN TEMA  CHAMADO "A FALA"  , POEMA DE MANUEL MARÍA MUSICADO POR UXÍA SENLLE, PARA CELEBRAR O DÍA DAS NOSAS LETRAS GALEGAS.
GOZADE !!!BOA FIN DE SEMANA!!!

A PITA PODEIRA




CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS, E COMO TRABALLAMOS  O CONTO "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", DÉIXOVOS AQUÍ UNHA CANCIÓN INTERPRETADA POLO GRUPO VOCAL FEMININO "LEILÍA", "A PITA PODEIRA"


A pita podeira MIRANDA 1ºA










lunes, 4 de mayo de 2020