jueves, 6 de noviembre de 2025

FRAUTA 5º


CURSO 25-26

.-TEMA 1: "MANOLIÑO FOI AO VIÑO"



1."ESTANDO COSENDO"(Galinova):

Neste novo tema traballamos a escala de DO(de DO ´ a   DO).Aquí vos deixo o vídeo e a partitura para que poidades ensaiar.




CURSO2


1."LA PIEDRA" popular de España (Cataluña). Nesta segunda peza do curso 22-23 introducimos as notas MI  e FA. AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO E A PARTITURA PARA QUE A PRACTIQUEDES.






3.PEZA: PATÍN , PATÁN, Pop. de Francia.

Ésta é a última peza do trimestre, unha sinxela melodía popular francesa, onde introducimos a nota FA.

Lembrade levantar o dedo mainiño da man dereita, no cambio a FA!


https://drive.google.com/file/d/10j76Rl9jD1STjrfFnCwfw0TeZiRM9-lE/view?usp=sharing


2.PEZA:  O GHAI GHAI!

Continuamos coas pezas instrumentais. Desta vez vai o tema popular "O Ghai Ghai!", que vai introducir a nota DO ´ ( Do agudo). Son só 4 notas : SOL, LA , SI e DO´.




1.-PEZA: O BURRIÑO

 Presentamos o primeiro tema de frauta para este curso.

Titúlase "O burriño", e nesta peza  empregaremos as notas SOL, LA e SI.

Podedes empezar practicando a esa velocidade, e cando a teñades, probar a subirlle un pouco.

Ánimo rapazada!!!





PERCUSIÓN CORPORAL

IMOS VER QUE TAL  ANDADES DE REFLEXOS E COORDINACIÓN...PRESENTAMOS UN EXERCICIO DE PERCUSIÓN CORPORAL, COA MELODÍA "THIS IS HALLOWEEN"  DE DANNY ELFMAN(do filme "The Nightmare Before Christmas" )

ACTIVIDADE SINXELA,DIVERTIDA E EDUCATIVA, PARA TRABALLAR RITMO,COORDINACIÓN E MUSICALIDADE A TRAVÉS DO CORPO.




 

The Skeleton Shake

 APETÉCEVOS MOVER O ESQUELETO?AQUÍ DEIXAMOS UN BAILE, O BAILE "The Skeleton Shake".

GOZADE BAILANDO COAS VOSAS FAMILIAS E AMIGOS!


EXERCICIO RÍTMICO PARA ESTAS DATAS...

 PRESENTAMOS UN EXERCICIO RÍTMICO PARA FACER CON BAQUETAS,CUNHA MELODÍA  QUE  DE SEGURO COÑECEDES:

de Danny Elfman da película "Pesadilla antes de Navidad".

ATRÉVESTE A FACELO???
 

jueves, 16 de octubre de 2025

EXERCICIOS E PARTITURAS DE FRAUTA 6º 25-26

OUTUBRO 2025, TEMA: NUN MERCADO PERSA





TEMA 2 (XANEIRO 24): YELLOW SUBMARINE

Seguimos cos exercicios e partitras de frauta.

Desta vez  imos cun coñecido tema do grupo The Beatles.

traballaremos unha nova nota "MI ´ " (mi agudo), que executaremos coa posición do mi grave, destapando o burato datrás , parcial ou totalmente.

 (Neste tutorial aparece unha pequena variación na parte B,  respecto á partitura dada en aula.)


TEMA 2 (XANEIRO 23): LUNA ANDALUZA

 Aquí vos deixo un pequeno vídeo coa execución do tema "Luna andaluza" de Montse Sanuy, que estamos a preparar no comezo deste 2º trimestre.

Ánimo, é moi sinxelo!!!





TEMA 3 (MAIO): EL CAMELLO BACTRIANO

Este último tema pertence a unha das composicións de Susa Herrera dun dos seus libros CD adicados a CABÁRCENO.

Introducimos como novidade a nota "SI bemol".







XA CHEGA O SAMAÍN AO CEIP VILAVERDE!!!

 NESTE NOVO CURSO 25-26, TEMOS PREPARADAS COUSIÑAS PARA O XOVES 30 DE OUTUBRO...

PERO, DE MOMENTO, NON IMOS ADIANTAR NADA MÁIS QUE AS CANTIGAS QUE ESTAMOS A TRABALLAR CON AXUDA DE CAROLINA, A NOSA NOVA INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS.

AQUÍ VOLAS DEIXO. TÉMOLAS TAMÉN  NO BLOG DO COLE (MASCOTILANDIA VILAVERDE) PINCHANDO AQUÍ.https://mascotilandiavilaverde.blogspot.com/ 

PARA 4º, 5º E 6º...


PARA 1º, 2º E 3º...

PARA INFANTIL...


miércoles, 2 de abril de 2025

2 abril día Mundial da Concienciación da TEA



 Hoxe quero compartir con todas e todos vós un tema feito polas amigas de María Fumasa, "Nun  mar azul",para celebrar a DIVERSIDADE, esa característica que nos fai únicas/os, neste 2 de abril, Día  Mundial da Concienciación do Transtorno do espectro Autista.

Parafraseando á grande Uxía Senlle: "As persoas con autismo non necesitan cambiar para encaixar, o mundo si necesita aprender a mirar con outros ollos."