ENSAIAMOS ESTA CANCIÓN PARA DICIR BOS DÍAS EN DIFERENTES IDIOMAS, E PARA SEGUIR CO PROXECTO DE 1º E INF. DE 4 E 5 ANOS.
NA CLASE DE MÚSICA ACOMPAÑÁMOLA CON XESTOS.
ANIMÁDEVOS A ENSINARLLA ÁS VOSAS FAMILIAS!!!
ESTE É O BLOG DE MÚSICA DO CEIP VILAVERDE. AQUÍ POÑEREMOS ACTIVIDADES DO ALUMNADO E NOVAS INTERESANTES.
ENSAIAMOS ESTA CANCIÓN PARA DICIR BOS DÍAS EN DIFERENTES IDIOMAS, E PARA SEGUIR CO PROXECTO DE 1º E INF. DE 4 E 5 ANOS.
NA CLASE DE MÚSICA ACOMPAÑÁMOLA CON XESTOS.
ANIMÁDEVOS A ENSINARLLA ÁS VOSAS FAMILIAS!!!
"A SEMANIÑA PASADA
ESTIVEMOS REGUEIFANDO,
VIÑERON LUPE E JOSIÑO.
QUE BEN O ESTAMOS PASANDO!!!
QUEN BEN O ESTAMOS PASANDO,
COAS COPLAS, VERSOS E RIMAS,
SE TI QUERES VIR GOZAR,
LÁNZATE, VEN E IMPROVISA!!!
AGORA TOCA O TRABALLO,
QUE DEBEDES PRESENTAR,
UN RESUMO DO APRENDIDO
DA IMPROVISACIÓN ORAL."
Aquí vos deixo un enlace e un código QR onde podedes revisar e informarvos ,para completar o voso traballo.
E xa sabedes, "TEMOS MADEIRA REGUEIFEIRA!!!"
Na noite do 31 de outubro, as portas do Alén abren para que os mortos visiten o mundo dos vivos. Unha tradición que moitos pensan que chegou co Halloween, pero a súa orixe ten máis de 3000 anos, con la celebración del Samaín.
Samaín provén da palabra gaélica ‘Samhain’, que literalmente significa 'fin do verán'. É unha festa na que os pobos celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Unha data que coincidía coa fin da tempada da colleita e daba comezo a un novo ciclo.
Nós ímolo celebrar entre contos, historias,castañas e cantos.
Aquí vos deixo a canción de Paco Nogueiras, No Samaín, desta vez en Lingua de signos.
BOAS A TODAS E TODOS!!!AGARDO QUE TIVERADES UN BO COMEZO DE CURSO.
POUQUIÑO A POUCO IREMOS ACTUALIZANDO COUSIÑAS POLO BLOG DE MÚSICA, PERO HOXE QUERO PRESENTARVOS UNHA NOVA CANCIÓN COA QUE ABRIREMOS TÓDALAS NOSAS SESIÓNS DE MÚSICA: "BUENOS DÍAS".
CON ELA IRÉMONOS ACHEGANDO AO MUNDO DA LINGUA DE SIGNOS, PASENIÑO, PASENIÑO, PERO SEN PAUSA.
ATA XA!!!
E CHEGAN AS LETRAS!!!
ESTE ANO O ESCRITOR HOMENAXEADO É Francisco Fernández del Riego.
ESTAMOS A TRABALLAR ARREDOR DA SÚA
VIDA E OBRA, E XA NA CLASE DE MÚSICA, ESTAMOS A PREPARAR O TRADICIONAL CONCERTO DE TÓDOLOS ANOS.QUEN NOS VISITARÁ?PAKOLAS!!!SI, CO SEU NOVO ESPECTÁCULO "A Ramona pequena vai á Lúa" , E VIRÁ ACOMPAÑADO DA ARTISTA LAURA ROMERO.
1. Uds didácticas, de descarga libre2. Escoita das cancións en Soundcloud3. Info dos novos espectáculos didácticos
O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER conmemórase cada 8 de marzo, pola loita das mulleres pola súa participación na sociedad e o seu desenrolo íntegro como persona, en pé de igualdade co home. Tamén emprégase para facer referencia a esta conmemoración o numerónimo «8-M» en referencia ao día e ao mes en que se conmemora.
Para celebralo, na aula de música , escoitaremos un tema da música e compositora
Guadi Galego que é case xa un himno de louvanza e celebración para todas as mulleres, para todas as "MATRIARCAS".